Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 186

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 393/1994, do 29 de decembro, sobre asunción de servicios transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia mediante reais decretos 2.164/1994 e 2.165/1994, ámbolos dous do 4 de novembro, en materia de cámaras agrarias e defensa contra fraudes e calidade agroalimentaria, e sobre asignación dos medios asumidos á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Por Real decreto 2.164/1994, do 4 de novembro, traspásanse funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cámaras agrarias.

Por Real decreto 2.165/1994, do 4 de novembro, traspásanse funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cámaras agrarias.

Por Real decreto 2.165/1994, do 4 de novembro, traspásanse funcións e servicios en materia de defensa contra fraudes e calidade agroalimentaria.

Parece, pois, conveniente asumir de forma expresa tales medios, que se consignan relacionados nos reais decretos aludidos, nos termos e condicións especificadas no acordo da Comisión Mixta de Transferencias, e asignalas ós órganos correspondentes da Administración galega.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de decembro de mil novecentos noventa e catro,

DISPOÑO:

Artigo 1.

1. Quedan asumidas as funcións e servicios traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autómoma de Galicia en virtude do Real decreto 2.164/1994, do 4 de novembro, en materia de cámaras agrarias nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias publicado como anexo ó dito real decreto.

2. Quedan asumidos os medios persoais e orzamentarios traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 2.164/1994, do 4 de novembro, en materia de cámaras agrarias, nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias publicado como anexo ó dito real decreto.

Os bens, dereitos e abrigas, así como o persoal e créditos orzamentarios que figuran nas relacións adxuntas ó anexo do real decreto citado asígnanse á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Artigo 2.

1. Quedan asumidas as funcións e servicios traspasados pola Administración do Estado á Comuni

dade Autónoma de Galicia, en virtude do Real decreto 2.165/1994, do 4 de novembro, en materia de defensa contra fraudes e calidade agroalimentaria.

2. Quedan asumidos os medios persoais e orzamentarios traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 2.165/1994, do 4 de novembro, en materia de cámaras agrarias nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias publicado como anexo ó dito real decreto.

Os bens, dereitos e obrigas, así como o persoal e créditos orzamentarios que figuran nas relacións adxuntas ó anexo do real decreto citado asígnanse á Consellería de Agricultura, Gandería Montes.

Disposicións derradeiras

Primeira.

O conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes dictará cantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento e execución do presente decreto.

Segunda.

Este decreto entrará en vigor o día seguinde ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintenove de decembro de mil novecentos noventa e catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública