Notificóuselle ó Servicio Galego de Saúde Providencia da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 2.346/1994, interposto por Almudena Álvarez Iglesias contra a resolución do 12 de setembro de 1994, desta dirección xeral (DOG nº 187, do 27 de setembro), pola que se resolve definitivamente o concurso voluntario de traslados para a provisión de prazas de persoal facultativo especialista, persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, en concreto no que refire ás prazas de auxiliar de enfermería dependentes do Centro de Atención Primaria número 4 de Pontevedra.
En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer en forma en autos na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 7 de decembro de 1994.
Carlos Negreira Souto
Director xeral de Recursos Humanos