Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 103

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1994, do Xurado Provincial de Clasificoción de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, pola que se resolve a clasificación dos montes Fonte do Sapo e outros, pertencentes á parroquia de Saiáns (concello de Vigo).

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasilicación de Montes Veciñais de Pontevedra, dictou a seguinte resolución:

Na cidade de Pontevedra, sendo as dezasete horas do día vintesete de outubro de mil novecentos noventa e catro, nos locais da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, logo de citación para o efecto reúnese o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común coa asistencia das seguintes persoas:

Presidente: Manuel Abeledo López.

Vicepresidente: José J. Barreiro Prado.

Vocais: Luis Mª Muíños Vidueira.

Instructor: Fernando Sáenz de Miera y Cuesta.

Vocais representantes da P. de Saiáns. Vigo: César Outerelo González e Jorge Raúl González Álvarez.

Vocais representantes da P. San Miguel de Oia. Vigo: Manuel Pais Acevedo e Serafín Vázquez Domínguez.

Secretaria: Ramona C. Fernández Álvarez.

Antecedentes de feito:

Primeiro.-Actuando en representación acreditada de varios veciños da parroquia de Saiáns, Jerónimo Escariz Vázquez, con data do 18 de setembro de 1990, presenta solicitude para a clasificación como veciñais en man común dos montes Fonte do Sapo e outros, na parroquia de Saiáns, Vigo, formulando diversas alegacións con base nos antecedentes históricos e aportando diversa documentación presentado posteriormente, con data do 18-9-1990, estudio técnico subscrito polo enxeñeiro técnico agrícola Ángel Bravo Portela. Finalmente no período de información pública reitera as alegacións anteriores, recoñecendo a representación de Saiáns a cabida de 49 ha para o monte solicitado.

Segundo.-En sesión do xurado provincial celebrada o 28 de setembro de 1990, acordouse instruír expediente para a clasificación como veciñal en man común do monte Fonte do Sapo e outros da parroquia de Saiáns, concello de Vigo.

Terceiro.-O 13 de decembro de 1993, dirixíronse escritos comunicando a instrucción do expediente coa descrición do monte obxecto de clasificación, dando audiencia á representacion da comunidade de Saiáns, e ó alcalde do Concello de Vigo, a quen se lle solicita a exposición no taboleiro de anuncios

do Concello do correspondente edicto; interesándose así mesmo as regulamentarias anotacións preventivas, ó rexistrador da propiedade do Distrito Hipotecario nº 3 dos de Vigo.

Con data do 27 de xaneiro de 1994 publicouse edicto de iniciación do expediente no DOG nº 18.

Cuarto.-O presidente da comunidade de montes da parroquia de San Miguel de Oia de Vigo, do cal foi clasificado o monte a favor que corresponde a esta parroquia, presenta escrito reclamando nova linde na súa colindancia co monte de Saiáns, primeiro con data 21-12-1993, solicitando o aprazamento da clasificación do monte Saiáns, ata que se aclare a súa colindancia e máis tarde o 25-2-1994, xuntando sinaturas de comuñeiros de San Miguel de Oia, nas que declara que a linde de Saiáns o é polo regato de Estea.

Fundamentos de dereito:

I.-Na documentación histórica do Catastro do Marqués da Ensenada, aparece o aproveitamento comunal dos veciños de Saiáns, nos «Emolumentos do Común», do dito catastro. Así mesmo, figuran os montes de aproveitamento do común de veciños de Saiáns no expediente de excepción de vendas de 1961.

En consecuencia establece historicamente a existencia de montes de aproveitamentos do común dos veciños de Saiáns.

II.-Que o monte obxecto de expediente forma parte do que foi de ultilidade pública nº 538, composto polo xa clasificado monte Carballoso, Armada, Río Seco e outros da parroquia de San Miguel de Oia.

III.-Que o monte Fonte do Sapo e outros da parroquia de Saiáns, se identifica co resto do monte de utilidade pública 538, unha vez segregado o monte de San Miguel de Oia, clasificado en virtude de resolución do 24-3-1992, polo que os seus lindes quedan determinados pola marcaxe aprobada por orde ministerial de Agricultura, do 3 de abril de 1971, e pola colindancia co monte de San Miguel de Oia definida na resolución do Xurado do 24-3-1992, clasificatoria do monte Carballosa e outros.

IV.-De conformidade co artigo 27 do Real decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento, para a execución da Lei 13/1989, do Parlamento de Galicia, de montes veciñais en man común, non constitúe obstáculo para a clasificación a circunstancia de que o monte se encontre incluído en catálogos, inventarios ou rexistros públicos con asignación de diferente titularidade.

V.-Faise constar que o Concello de Vigo non formulou alegación en contra da solicitude formulada para a clasificación dos referidos montes.

VI.-Que a pretensión da comunidade de San Miguel de Oia, interesando se modifique a linde do monte da súa comunidade con Saiáns, cambiando a que figura na resolución de clasificación do 24 de marzo de 1992, non resulta procedente tendo en conta que a clasificación é firme debendo significar por outra parte que durante a súa tramitación non se formulou oposición nin reclamación ningunha sobre tal lindeiro.

Visto o artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, do Parlamento de Galicia, de montes veciñais en man común, así como o artigo 1 do Decreto 260/1989, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da antedita lei, os membros do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, de maneira unánime acordan:

Clasificar como veciñais en man común asignando a súa propiedade á comunidade de veciños da parroquia de Saiáns, do Concello de Vigo dos montes que a continuación se describen:

Nome do monte: Fonte do Sapo, Campiño, Mendoña e Armada.

Cabida: 49 ha.

Límites:

Perímetro exterior:

Norte e leste: co monte do común de veciños de S. Miguel de Oia, segundo a aliñación recta definida polos marcos 90 a 138, da demarcación do monte de u. pública nº 538, aprobado por O.M. do 3-4-1971; e predios particulares segundo o polígono definido polos marcos 148 e 138 da referida demarcación.

Sur: co termo municipal de Nigrán entre o marco 90 e 111 da referida demarcación.

Oeste: con propiedades particulares seguindo os marcos desde o 111 ó 136, e coa estrada de Vigo a Baiona entre os marcos 136 e 138.

O perímetro interior constitúeo o enclave denominado Campiño formado por varias propiedades privadas.

Cabida: 4,2 ha.

Límites:

En tódolos seus ventos con monte veciñal en man común da parroquia de Saiáns, segundo os marcos 1A, 2A, 3A, e consecutivos ata o 20A, da demarcación do monte de U.P. 538.

Para a oportuna descrición gráfica da superficie clasificada incorpórase a presente resolución formando parte inseparable dela o plano que figura como documento nº 1 selado e asinado por tódolos membros do xurado.

Contra a presente resolución poderá interporse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a notificación da presente resolución ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformídade co disposto no artigo 58 da Lei reguladora da antedita xurisdicción en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común, e o artigo 28 do seu regulamento, modificados ambos preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 24 de novembro de 1994.

Manuel Abeledo López

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra