Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 29 de novembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se somete ó trámite de información pública o levantamento de actas previas correspondente ó expediente 3.761 A.T.

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2.619/1966, do 20 de outubro, e declarada polo Decreto 348/1994 (Diario Oficial de Galicia nº 229, do 28-11-94) a urxente ocupación dos bens

e dereitos afectados, indicados na relación que se publicou no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 9-5-94 faise saber a tódolos afectados pola execución dos proxectos que a seguir se indican, propiedade da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio na Coruña, Fernando Macías, 2.

-L.M.T., C.T., R.B.T. A Ribeira, concello de Quiroga, expediente número 3.761 A.T.

Que o representante da Administración dará comezo sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 9-5-94 e expostas nos taboleiros oficiais das casas do concello e no desta delegación provincial, sita en Lugo, rúa Pascual Veiga, 12-14.

Advírtese os interesados afectados, que serán ademais notificados individualmente, sinalándolles día e hora para o levantamento das actas, que poderán formular alegacións por escrito ante esta delegación ata o momento de levanta-las mesmas, para os únicos efectos de rectificar posibles erros na relación dos bens afectados.

Lugo, 29 de novembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo