Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 35

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

EDICTO (253/1992).

O/a xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa

Fai saber:

Que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 253/1992, se segue procedemento exclusivo, por instancia do Banco Bilbao Vizcaya, representado polo procurador Sr. García Piccoli, contra Manuel Gil Barreiro e María del Carmen Souto Vázquez, en reclamación de cantidade, autos nos que se acordou sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo da súa taxación, os bens embargados no procedemento e que ó final desta edicto se detallan.

A poxa celebrarase o próximo día dous de marzo, ás dez horas da súa mañá, na sala de audiencia deste xulgado, sito na avenida de Lugo nº 73, baixo as seguintes condicións:

1. O tipo de remate será o do valor dado ós bens, sen que se admitan posturas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2.-Para tomar parte na poxa deberán consignar previamente os licitadores polo menos o vinte por cento do tipo de remate no establecemento destinado para o efecto (Banco Bilbao Vizcaya, S.A.).

3.-Soamente o executante poderá cederlle o remate a un terceiro.

4.-Poderanse facer ofertas por escrito, en prego cerrado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositándoo na mesa do xulgado, e xunto co prego o resgardo acreditativo do ingreso do importe indicado no punto 2º.

5.-Para o suposto de resultar deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo día tres de abril ás dez horas, nas mesmas condicións cá primeira, excepto o tipo do remate, que será o setenta e cinco por cento do da primeira. E no caso de resultar deserta a segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día dous de maio ás dez horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Bens que se sacan a poxa:

Tractor agrícola Ebro 160 D, matrícula BA-08521-VE.

Máquina agrícola modelo Castro N-300, C-77762-VE.

Máquina agrícola modelo Camon F-10, C-66466-VE.

Turismo Seat modelo 132-2200 D, C-3923-P.

Máquina agrícola modelo Deutz-Fahr NM-980, C-89870-VE.

Turismo Seat 131/1600, C-2809-I.

E para que así conste e lle sirva de notificación ó público en xeral e ós demandados en particular, expídese este edicto para a súa publicación nos respectivos boletíns oficiais que correspondan.

Arzúa, dous de decembro de mil novecentos noventa e catro.

O secretario

Rubricado