Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 34

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

CÉDULA de notificación (66/1992-A).

En virtude do acordado nos autos de xuízo de faltas número 66/1992, e polos cales se abriu a executoria penal número 325/1994, fáiselle saber ó condenado Argimiro Ramos Varela, en paradoiro ignorado, que se practicou a oportuna liquidación, da que resulta o mesmo condenado como autor dunha falta do artigo 586 bis do código penal, á pena de 50.000 ptas., de multa e a que, con responsabilidade civil directa do Consorcio de Compensación de Seguros, indemnice a Jesús Julio Pérez Carril na cantidade de 619.000, mailos xuros legais desde a data da sentencia.

E para que así conste e, conforme o disposto no artigo 243 da Lei de axuizamento criminal, lle sirva de notificación de vista da taxación de custas ó condenado Argimiro Ramos Varela, expido, selo e asino esta cédula en Arzúa, o dous de decembro de mil novecentos noventa e catro.

A Secretaria

Rubricado