Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 14

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4.093 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial, por instancia de U.E. Fenosa, S.A., con domicilio en Ourense, Sáenz Díez, 95, en solicitude de autorización para instalar C.T. e R.B.T. en Outeiro e Tellado, no concello de Lugo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes,

RESOLVEU:

Autorizar a U.E. Fenosa, S.A. a instalación de centro de transformación de 160 kVA, 20.000, 380/220 V. Redes de baixa tensión, de 4.473 metros de lonxitude, conductores 2X25; R7-25-50-95.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 24 de novembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo