Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Hidroeléctrica de Silleda con domicilio en Silleda, no que solicita autorización para instalar un C.T. e R.B.T.S en Igrexa-Chapa e Penaporrín, concello de Silleda, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes,
RESOLVEU:
Autorizar a Hidroeléctrica de Silleda a instalación dun C.T. e R.B.T.S en Igrexa-Chapa e Penaporrín, concello de Silleda.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Pontevedra, 23 de novembro de 1994.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra