Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 10

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 374/1994, do 15 de decembro, polo que se autoriza e acepta a cesión a título gratuíto a favor da Comunidade Autónoma da parcela A-26 sita no parque empresarial Lalín 2000, feita polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, para destinala á construcción do centro de exposicións de recursos comarcais do Deza. Advertidos erros na publicación do Decreto 374/1994, do 15 de decembro (DOG nº 243, do 20 de decembro), cómpre face-las seguintes correccións:

-No título do decreto, onde di: «Decreto 374/1994, do 15 de decembro, polo que se autoriza e acepta a cesión a título gratuíto a favor da Comunidade Autónoma da parcela A-2, sita no parque empresarial Lalín 2000», debe dicir: «Decreto 374/1994, do 15 de decembro, polo que se autoriza e acepta a cesión a título gratuíto a favor da Comunidade Autónoma da parcela A-26, sita no parque empresarial Lalín 2000».

-Na páxina 8.278, no artigo primeiro, onde di: «Autorizar e acepta-la cesión gratuíta da parcela A-2», debe dicir: «Autorizar e acepta-la cesión gratuíta da parcela A-26».