Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 10

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1994, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as partes interesadas nos recursos contencioso-administrativos número 2.281/1994 e 2.282/1994 interposto por José María V. Fernández Casanova e María del Carmen Roca Prado.

O 11 de novembro de 1994, a Dirección Xeral da Función Pública recibe da sala do contencioso-administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admiten os recursos contencioso-administrativos nº 2.281/1994 e 2.282/1994 interposto por José María V. Fernández Casanova e María del Carmen Roca Prado contra resolución de recurso ordinario interposto ante o Sr. director xeral da Función Pública de data 18 de xullo de 1994, sobre dereito a actualización de trienios devengados conforme a categoría e grupo ó que pertence.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer en forma en autos na sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 1994.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública