Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2017 Páx. 44189

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 14 de setembro de 2017 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 11 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código do procedemento TR341Q).

A Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 11 de xullo de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código do procedemento TR341Q) (Diario Oficial de Galicia nº 144, do 31 de xullo) establece no seu artigo 30 o crédito orzamentario que financia as subvencións reguladas nesta orde para o ano 2017.

Así mesmo, establece no seu artigo 5.4 que se poderá ampliar a contía máxima deste crédito para esta convocatoria. O incremento de crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da orde que se cita nesta disposición coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de beneficiarios posible.

Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo primeiro

Amplíase o importe total das axudas establecidas na Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 11 de xullo de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código do procedemento TR341Q) (Diario Oficial de Galicia nº 144, do 31 de xullo), que se van conceder ao abeiro desta orde de convocatoria, na seguinte contía e aplicación orzamentaria que figura dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017:

09.40. 322C 470.6, no código de proxecto 2017 00 021, na contía de 1.000.000,00 €.

Artigo segundo

Estas modificacións non afectan o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde entrara en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria