Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 2017 Páx. 24399

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 12 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 84, do 3 de maio de 2017, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 21712, onde di: «As empresas solicitantes da liña II (igualdade) e III (conciliación) poderán ser pemes, micropemes ou persoas traballadoras autónomas con traballadores/as por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que for a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentaren a solicitude de axudas e deberán contar cun mínimo de 10 persoas traballadoras».

Debe dicir: «As empresas solicitantes da liña II (igualdade) e III (conciliación) poderán ser pemes, micropemes ou persoas traballadoras autónomas con traballadores/as por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentaren a solicitude de axudas, e deberán contar cun mínimo de 6 persoas traballadoras».