Plan director de Seguridade TIC 2015-2020

O Plan Director de Seguridade contempla as actuacións en materia de seguridade TIC  para asegurar o grao de protección adecuado para a información xestionada pola Administración xeral e do sector público de Galicia.

O Plan articúlase ao redor de 5 dimensións de actuación: 

  • Formación e concienciación (coñecer os riscos e implicarse na xestión da seguridade).
  • Cumprimento normativo (adecuación á Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, ao Real Decreto 3/2010, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica, e ás normas que as desenvolven e complementan).
  • Marco organizativo (política de seguridade corporativa, desenvolvemento dun corpo normativo, creación dun Centro de operacións de seguridade, creación dun equipo de auditoría de seguridade interna, implantación, no ámbito da Amtega, dun sistema de xestión da seguridade da información (SXSI), baseado na norma ISO/IEC 27001).
  • Marco operacional (implantación dun cadro de mando de seguridade, análise e xestión de riscos, realización dun plan de continuidade que garanta o funcionamento dos organismos da Xunta en caso de sufrir un contratempo).
  • Medidas de protección (mellora da seguridade física, implantación de novas plataformas de seguridade). 

 

Data de actualización: 31/5/2016