Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55-Bis Venres, 20 de marzo de 2020 Páx. 17169

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural

DECRETO 59/2020, do 20 de marzo, polo que se nomea director xeral do Fondo Galego de Garantía Agraria a Silvestre José Balseiros Guinarte.

Segundo o establecido no artigo 26.2 do Decreto 7/2014, do 16 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria, a persoa titular da Dirección do Fogga é nomeada e separada por decreto do Consello da Xunta de Galicia entre as que teñan a condición de titular dun órgano de dirección da consellería competente en materia de medio rural.

Na súa virtude e consonte o establecido no artigo 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro do Medio Rural, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de marzo de dous mil vinte,

Nomeo director xeral do Fondo Galego de Garantía Agraria a Silvestre José Balseiros Guinarte, director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

Santiago de Compostela, vinte de marzo de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural