DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 17 de outubro de 2024 Páx. 55047

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2024 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos préstamos parcialmente reembolsables para proxectos empresariais de investimento creadores de emprego previstos no instrumento financeiro do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027, territorio P2 A Coruña, modalidade de pequenas e medianas empresas, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408J).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (en diante, Igape), na súa reunión do 17 de setembro de 2024, acordou por unanimidade dos membros asistentes aprobar as bases reguladoras dos préstamos parcialmente reembolsables para proxectos empresariais de investimento creadores de emprego previstos no Instrumento financeiro do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027. Territorio P2 A Coruña, modalidade pequenas e medianas empresas, e facultou a persoa titular da Dirección Xeral do Igape para a súa convocatoria, a aprobación dos créditos e a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar as bases reguladoras dos préstamos parcialmente reembolsables para proxectos empresariais de investimento creadores de emprego previstos no Instrumento financeiro do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027. Territorio P2 A Coruña. Modalidade pequenas e medianas empresas, e convocar para o ano 2024, estas actuacións en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408J).

As axudas das bases reguladoras anexas a esta convocatoria están cofinanciadas no marco do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027 (FTX) que ten unha taxa de cofinanciamento do 70 %, proporcionándose o cofinanciamento nacional no nivel dos perceptores finais, como investimento elixible nestes. En particular:

Obxectivo político ou obxectivo específico do FTX (JSO8.1): facer posible que as rexións e as persoas afronten as repercusións sociais, laborais, económicas e ambientais da transición cara aos obxectivos da Unión para 2030 en materia de enerxía e clima e unha economía da Unión climaticamente neutra de aquí a 2050, de acordo co Acordo de París.

Prioridade P2: A Coruña.

Actuación: CO3. Impulso a pemes e proxectos empresariais tractores para a diversificación económica dos territorios. Apoio a proxectos empresariais e pemes que xeren actividade económica e manteñan e/ou creen emprego, a través de instrumentos financeiros de préstamos.

Os indicadores correspondentes a estas axudas son os seguintes:

a) Indicadores de realización:

RCO01-Empresas apoiadas.

RCO03-Empresas apoiadas a través de instrumentos financeiros.

b) Indicadores de resultado:

RCR01-Postos de traballo creados en entidades apoiadas.

RCR02-Investimentos privados que acompañan o apoio público (das cales: subvencións, instrumentos financeiros).

Segundo. O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será dun mes contado desde as 9.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día no que se cumpra este prazo.

Terceiro. Os créditos dispoñibles para concesións aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polos seguintes importes e distribución plurianual:

Modalidade

Partida orzamentaria

Orixe dos fondos

Ano 2024

Ano 2025

Total

Tramo non reembolsable

Tramo reembolsable

09.A1.741A.7700

09.A1.741A.8310

FTX

FTX

644.340,00 €

859.120,00 €

3.651.261,00 €

4.868.348,00 €

4.295.601,00 €

5.727.468,00 €

A persoa titular da Dirección Xeral do Igape poderá ampliar os créditos, logo de declaración da súa dispoñibilidade, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009), mediante la resolución publicada para o efecto.

Cuarto. Prazos de duración do procedemento, disposición dos fondos, execución do proxecto, xustificación das finalidades e acreditación do fito de creación de emprego e, se é o caso, outras condicións de execución do proxecto baremadas na concesión da operación:

O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será de 45 días, desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes correspondente a esta convocatoria, transcorrido o cal poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

O prazo para solicitar á disposición dos fondos dos préstamos finalizará na data establecida na resolución de concesión, sen que poida exceder o 28 de novembro de 2025.

O prazo para executar os proxectos finalizará na data establecida na resolución de concesión, sen que poida exceder o 31 de marzo de 2026.

O prazo para xustificar a realización e o pagamento do investimento subvencionable será de catro meses desde a finalización do prazo de execución indicado no acordo de concesión.

Os perceptores finais das axudas deberán presentar a acreditación do cumprimento do fito de creación de emprego e, se é o caso, doutras condicións de execución do proxecto baremadas na concesión do instrumento financeiro de préstamo combinado con subvención nunha única operación, no prazo de doce meses a partir da data final de execución do proxecto fixada na resolución de concesión.

Quinto. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia. A cesión de datos de carácter persoal, que debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de datos nacional de subvencións, non requirirá o consentimento do beneficiario.

Sexto. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2024

Covadonga Toca Carús
Directora do Instituto Galego de Promoción Económica

Bases reguladoras dos préstamos parcialmente reembolsables para proxectos empresariais de investimento creadores de emprego previstos no Instrumento financeiro do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027. Territorio P2 A Coruña. Modalidade de pequenas e medianas empresas

A Comisión Europea creou o mecanismo de transición xusta como ferramenta clave para garantir que a transición cara a unha economía climaticamente neutral ocorra de maneira xusta. Este mecanismo proporcionará o apoio financeiro e a asistencia técnica aos Estados membros e a investidores e asegurarase de que as comunidades afectadas, as autoridades locais, os interlocutores sociais e as organizacións non gobernamentais estean involucradas; incluíndo un marco de gobernanza centrado en plans territoriais de transición xusta.

O Regulamento (UE) 2021/1056 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establece o Fondo de Transición Xusta (FTX), é un dos piares do mecanismo para unha transición xusta que se aplica no marco da política de cohesión. Os obxectivos do FTX son mitigar os efectos negativos da transición climática prestando apoio aos territorios máis prexudicados e aos traballadores afectados e promover unha transición socioeconómica equilibrada.

O ámbito xeográfico dos proxectos que opten ás axudas que se concedan ao abeiro destas bases é a provincia da Coruña, pola súa condición de zona afectada polo peche de explotacións mineiras e centrais térmicas de carbón, enmarcando esta axuda na prioridade P2 do Programa do Fondo de Transición Xusta de España para o período 2021-2027, a operación CO3 Impulso a pemes e os proxectos empresariais tractores para a diversificación económica dos territorios afectados.

De conformidade co artigo 58 do Regulamento (UE) 2021/1060, os instrumentos financeiros poderán combinarse con axuda dun programa en forma de subvencións nunha única operación de instrumentos financeiros, dentro dun único acordo de financiamento, no que o organismo que executa o instrumento financeiro proporcionará as dúas variantes da axuda. Nese caso, as normas aplicables aos instrumentos financeiros aplicaranse á devandita operación única de instrumentos financeiros.

Os préstamos parcialmente reembolsables previstos nestas bases reguladoras, consideran a combinación dun instrumento financeiro de préstamo cunha subvención nunha única operación, materializándose esta última modalidade de axuda como un tramo non reembolsable do préstamo.

Estas bases ampáranse en:

O Regulamento (UE) 2021/1056 do Parlamento Europeo e do Consello do 24 de xuño de 2021 polo que se establece o Fondo de Transición Xusta.

O Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos Fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados.

A Orde HFP/1414/2023, do 27 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Transición Xusta para o período 2021-2027.

O Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado.

A Comunicación da Comisión 2008/C14/02 relativa á revisión do método de fixación dos tipos de referencia e de actualización.

O Decreto 133/2002, do 11 de abril (DOG núm. 78, do 23 de abril), modificado polos decretos 174/2007, do 6 de setembro (DOG núm. 186, do 25 de setembro), 45/2009, do 12 de febreiro (DOG núm. 48, do 10 de marzo) e 155/2019, do 28 de novembro (DOG núm. 234, do 10 de decembro) que habilita o Igape para conceder, no ámbito das súas funcións, préstamos ou créditos a favor de empresas de acordo cos requisitos e características establecidos nos programas que, con carácter xeral, para ese efecto aprobe.

A convocatoria desta liña de axudas será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape. A convocatoria incluirá o procedemento de tramitación, o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados.

As axudas reguladas nesta base outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 1. Obxecto

1. Constitúe o obxecto destas bases reguladoras a concesión de préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento de proxectos de investimento empresarial xeradores de emprego na provincia da Coruña, cofinanciado no marco do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027 (FTX), que respondan a algunha das seguintes tipoloxías:

1.1. Creación dun novo establecemento, derivado da creación dunha nova empresa ou que dea lugar á diversificación económica, modernización ou reconversión dunha empresa existente.

1.2. Ampliación de capacidade dun establecemento existente, sempre que supoña unha modernización respecto da tecnoloxía previamente utilizada.

1.3. Diversificación da produción dun establecemento para a fabricación de produtos que antes non se producían neste.

1.4. Transformación fundamental do proceso global de produción do produto ou produtos ou da prestación global do servizo ou servizos afectados polo investimento no establecemento.

2. As axudas reguladas nestas bases combinan un instrumento financeiro de préstamos directos cunha subvención nunha mesma operación, de forma que estes préstamos, destinados a financiar investimentos empresariais, poderán ser parcialmente reembolsables en función do cumprimento de determinados fitos de creación neta de postos de traballo e, se é o caso, doutras condicións de execución do proxecto baremadas na concesión do instrumento financeiro de préstamo combinado con subvención nunha única operación, fomentando, ademais, que estes postos de traballo sexan ocupados por persoas pertencentes a colectivos de traballadores que perderon o seu emprego debido aos peches das centrais térmicas da provincia, e a colectivos que xa expoñen dificultades de empregabilidade na actualidade.

Artigo 2. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias ou perceptoras finais das axudas reguladas nestas bases as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 da Tratado UE, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realicen ou teñan previsto realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto da actuación para financiar, localizada na provincia da Coruña.

b) Teñan previsto realizar un proxecto de investimento que responda a algunha das tipoloxías sinaladas no punto 1 do artigo 1, cun investimento subvencionable mínimo de 60.000,00 € cumprindo os requisitos establecidos nestas bases, que supoña a creación neta de emprego no/nos centro/s de traballo da persoa beneficiaria na provincia da Coruña. Enténdese por creación neta de emprego a creación de polo menos 1 posto de traballo con contrato indefinido a tempo completo e manter este posto de traballo xunto ao seu persoal con contrato indefinido no momento da solicitude, polo menos, durante 3 anos desde a acreditación do fito de creación de emprego.

2. As pequenas e medianas empresas poderán ser persoas físicas ou xurídicas. Tamén poderán ter a condición de persoas beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado, que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos do anterior número 1.

No caso de agrupacións, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da axuda que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. En calquera caso, deberá nomearse unha persoa representante ou apoderada única con poder suficiente para cumprir os deberes que, como persoa beneficiaria, lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007. A operación financeira deberá estar formalizada a nome da agrupación e deberá ser asinada por cada un dos seus membros.

No caso das cooperativas, o préstamo poderá estar asinado por un representante da entidade, despois de autorización dela, ou polos cooperativistas, que asumirán a débeda en proporción á súa porcentaxe de participación.

No caso de comunidades de bens, cada un dos socios deberá cubrir o formulario do anexo II de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas.

3. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:

a) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axuda, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

b) As empresas en crise, de acordo coa definición establecida no Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión.

c) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, ou incumpran as obrigacións do artigo 11 da citada lei, ou do artigo 14.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

d) As empresas que propoñan un proxecto afectado a unha actividade pertencente a un sector excluído conforme o establecido no artigo 3 destas bases reguladoras e na normativa de aplicación.

4. O Igape realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias non incorren en ningunha das circunstancias para seren consideradas empresa en crise conforme a definición establecida no Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión.

Artigo 3. Actividades económicas subvencionables

1. Poderán ser obxecto de axuda os proxectos pertencentes a todas as actividades económicas susceptibles de recibiren axudas, de acordo coa normativa nacional e da Unión Europea aplicable, coas excepcións establecidas no punto 2 este artigo. En consecuencia, estas axudas non están dirixidas a un número limitado de sectores específicos de actividade económica.

2. Non poderán concederse axudas aos sectores e ás actividades que estean excluídos polo Regulamento (UE) 2021/1056 do Parlamento Europeo e do Consello do 24 de xuño de 2021, polo que se establece o Fondo de Transición Xusta (FTX), nin aos excluídos do ámbito de aplicación do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión e, en particular, aos que queden fóra do ámbito de aplicación da sección referida ás axudas de finalidade rexional, que son os seguintes:

a) A fabricación, a transformación e a comercialización de tabaco e produtos de tabaco.

b) Os investimentos relacionados coa produción, a transformación, o transporte, a distribución, o almacenamento ou a combustión de combustibles fósiles.

c) O desmantelamento ou a construción de centrais nucleares.

d) Os sectores do aceiro, o lignito e o carbón.

e) O sector do transporte, así como a correspondente infraestrutura; as axudas á produción, o almacenamento, o transporte, a distribución e as infraestruturas de enerxía, con excepción das axudas rexionais ao investimento nas rexións ultra periféricas e os réximes de axudas de funcionamento de finalidade rexional; e as axudas no sector da banda larga, con excepción dos réximes de axudas de funcionamento de finalidade rexional.

f) As axudas rexionais de funcionamento concedidas a empresas cuxas actividades principais estean incluídas no ámbito da sección K Actividades financeiras e de seguros de NACE Rev. 2 ou a empresas que realicen actividades intragrupo e cuxas actividades principais estean incluídas nas categorías 70.10 Actividades das sedes centrais ou 70.22 Outras actividades de consultaría de xestión empresarial de NACE Rev. 2.

g) Transformación e comercialización de produtos agrícolas cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade dos devanditos produtos adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas ou cando a axuda se supedite á súa transmisión, total ou parcial, aos produtores primarios.

h) Sector da pesca e a acuicultura, incluídas no ámbito de aplicación do Regulamento (UE) 1379/2013.

i) Sector agrícola primario.

Artigo 4. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas

1. Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas para os mesmos investimentos subvencionables.

2. A obtención doutras axudas ou subvencións para o mesmo proxecto deberá comunicarse ao Igape tan pronto como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a xustificación do fito de creación de emprego e, se é o caso, doutras condicións de execución do proxecto baremadas na concesión do instrumento financeiro de préstamo combinado con subvención nunha única operación. Antes de conceder e pagar a axuda, deberá constar no expediente unha declaración sobre calquera axuda recibida para este mesmo proxecto. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 5. Proxecto subvencionable

1. Serán subvencionables os proxectos de investimento empresarial xeradores de emprego no territorio da Coruña, que respondan a algunha das tipoloxías sinaladas no artigo 1.

2. Non serán subvencionables os proxectos que unicamente supoñan a ampliación de capacidade nun establecemento existente, nin traslados por recolocación de actividades.

3. O proxecto deberá comprender un importe mínimo de investimento subvencionable sinalado no artigo 2.1.b), e cumprirá os requisitos establecidos no artigo 6 seguinte.

Non se establece un importe máximo de investimento subvencionable, aínda que o préstamo parcialmente reembolsable máximo estará limitado polo crédito orzamentario autorizado nas presentes bases reguladoras, diminuído, se é o caso, polo saldo restante derivado da prelación dos demais proxectos concorrentes.

4. A axuda solicitada debe supoñer un efecto incentivador para o proxecto presentado. Existe un efecto incentivador cando a axuda cambia o comportamento da empresa de modo que esta non emprendería o proxecto obxecto de solicitude sen a axuda, ou que só o emprendería dunha maneira limitada ou diferente. A axuda non debe subvencionar os custos dunha actuación en que a empresa incorrería en calquera caso.

Para ese efecto, antes de iniciar o proxecto, a persoa solicitante deberá presentar a solicitude de axuda . Non se poderá incorrer en ningún dos custos alegados sobre os cales se solicita a axuda con carácter previo á solicitude; de ser así, a totalidade do proxecto será considerado non subvencionable, de acordo coa exixencia de efecto incentivador previsto no artigo 6 do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión.

Considérase que o proxecto xa foi iniciado cando exista un primeiro compromiso en firme para a execución das obras ou para a adquisición dalgún dos elementos integrantes do proxecto; e entenderase por proxecto calquera dos investimentos comprendidos na solicitude da axuda. Neste sentido, considérase que existe compromiso en firme no caso da existencia dun contrato ou oferta asinado entre as partes, ou da existencia dun pedido, para calquera dos elementos subvencionables.

Para estes efectos, determinados traballos preparatorios, como a obtención de permisos ou a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran inicio dos traballos.

Aqueles proxectos excluídos por non dispoñer de crédito orzamentario tras a aplicación dos criterios de priorización correspondentes, no suposto de presentación de idéntico proxecto a futuras convocatorias do instrumento, tomarase en consideración a data de solicitude desta convocatoria en relación ao efecto incentivador.

5. O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de presentación da solicitude ata a data de finalización do prazo establecido na resolución de concesión. Con carácter xeral, finalizará dentro dos 18 meses seguintes á data de notificación da resolución de concesión. Calquera investimento realizado fóra deste período non será subvencionable.

6. En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

7. Non serán subvencionables os proxectos de investimento vinculados a un contrato de xestión de servizos públicos.

Artigo 6. Investimento subvencionable

1. Só serán subvencionables a través do instrumento financeiro os investimentos produtivos en activos materiais e inmateriais adquiridos a terceiros non vinculados coa persoa beneficiaria. Os investimentos produtivos deben entenderse como investimentos en capital fixo ou como o activo inmobilizado dunha empresa para producir bens e servizos, de maneira que se contribúa á formación bruta de capital e ao emprego.

2. Os instrumentos financeiros poderán financiar o IVE soportado polas persoas beneficiarias en relación cos investimentos que constitúan a operación. Con todo, para efectos do cálculo do tramo non reembolsable do préstamo, non se computará o IVE que sexa recuperable.

3. Só será subvencionable a adquisición de terreos por un importe que non exceda o 10 % do investimento total subvencionable da operación que se trate. Esta limitación non se aplica ás operacións relativas á conservación do ambiente. Tampouco será de aplicación naqueles casos en que a operación consista, atendendo ao seu obxecto e finalidade, na adquisición de edificacións xa existentes para seren rehabilitadas ou postas en uso para un novo propósito, de modo que o terreo en que estas se asentan non constitúa o elemento principal da adquisición. Non se considerará que a operación consiste na adquisición de edificacións xa existentes de modo que o terreo en que se asentan non constitúe o elemento principal da adquisición, calquera que sexa o seu obxecto ou finalidade, cando o valor de mercado do solo exceda o valor de mercado da edificación no momento da compra.

4. As adquisicións de bens inmobles ou de bens mobles inscritibles nun rexistro público deberán utilizarse para os fins previstos durante un período mínimo de 5 anos, e o resto dos investimentos na localización prevista durante un mínimo de 3 anos, en ambos os casos contados desde a data de finalización do prazo de execución do proxecto.

5. O importe subvencionable non poderá superar o valor de mercado dos terreos e dos bens inmobles no momento da adquisición, o que se acreditará mediante un certificado de taxador independente debidamente acreditado e rexistrado no Banco de España.

6. Non será subvencionable a adquisición dos terreos ou de bens inmobles que pertenzan ou pertencesen durante o período de elixibilidade ao Igape, Xesgalicia ou a outro organismo ou entidade, directa ou indirectamente, vinculado ou relacionado con estes.

7. Os custos de adquisición de bens de equipo de segunda man serán subvencionables sempre que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que conste unha declaración do vendedor sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria e

b) Que o prezo non sexa superior ao valor de mercado de referencia nin ao custo dos bens novos similares; acreditaranse estes puntos mediante certificación de taxador independente.

Artigo 7. Financiamento do investimento subvencionable

1. O préstamo para conceder ao abeiro destas bases reguladoras non superará o 70 % do investimento subvencionable e configúrase como un instrumento financeiro combinado cunha subvención nunha única operación, nos termos previstos no artigo 58 puntos 4 a 7 do Regulamento 2021/1060.

2. Polo menos un 30 % do investimento subvencionable deberá ser financiado por terceiros, xa sexan entidades financeiras ou outras entidades privadas ou públicas nacionais. Esta contribución terá a consideración de cofinanciamento nacional, para o que o titular deberá achegar os acordos xurídicos realizados coas entidades privadas ou públicas españolas, acreditativas desta contribución e a xustificación da transferencia efectiva dos recursos.

3. A persoa beneficiaria das axudas deberá achegar unha contribución financeira mínima do 25 % dos custos subvencionables, ben a través dos seus propios recursos, ben mediante financiamento externo exento de calquera tipo de axuda pública, e poderá computarse esta última como cofinanciamento nacional para os efectos do punto 2 anterior.

Artigo 8. Características dos préstamos

1. Os préstamos concedidos contarán cun tramo reembolsable e outro non reembolsable. O tramo non reembolsable estará constituído pola subvención concedida ao abeiro destas bases en combinación co instrumento financeiro nunha única operación nos termos previstos no punto 5 do artigo 58 do Regulamento (UE) 2021/1060. A dita subvención materializarase no momento de acreditación do cumprimento do fito de creación de emprego e, se é o caso, doutras condicións de execución do proxecto baremadas na concesión do instrumento financeiro. A suma dos tramos reembolsable e non reembolsable constituirá o importe da operación única de instrumento financeiro combinada con subvención, que, como máximo, supoñerá o 70 % do investimento subvencionable. Ambos os tramos devindicarán xuros aos tipos determinados neste artigo, mentres o tramo non reembolsable non adquira firmeza.

2. O tramo non reembolsable será o 25 % do investimento subvencionable, no caso das medianas empresas, e o 35 % do investimento subvencionable, no caso das pequenas empresas e microempresas.

3. Disposición: prevese a posibilidade de solicitar e realizar varias disposicións. As distintas disposicións atenderán ao ritmo de execución do proxecto subvencionado e financiado.

4. Tipo de xuro ordinario: será fixo, e determinado no momento da concesión para cada empresa beneficiaria e proxecto, conforme o seguinte método:

a) Tipo base: determinarase con base na media do Euríbor a 1 ano rexistrado en setembro, outubro e novembro do ano anterior. O tipo base fixado deste xeito entrará en vigor a partir de xaneiro do ano seguinte. Ademais, para ter en conta variacións significativas, farase unha actualización cada vez que o tipo medio calculado sobre os tres meses seguintes anteriores se desvía en máis dun 10 % do tipo en vigor. O novo tipo base entrará en vigor o primeiro día do segundo mes seguinte aos meses utilizados para o cálculo. Este tipo de referencia publícao a Comisión Europea na ligazón seguinte:

http://ec.europa.eu/competition/state_aid/legislation/reference_rates.html

b) Marxes: determinaranse para cada operación con base na súa cualificación de risco e ás garantías da operación conforme a seguinte táboa:

Grao de colateralización

Cualificación de risco de crédito

Alta

Normal

Baixa

Excelente

0,60 %

0,75 %

1,00 %

Boa

0,75 %

1,00 %

2,20 %

Satisfactoria

1,00 %

2,20 %

4,00 %

Deficiente

2,20 %

4,00 %

6,50 %

Mala/dificultades

4,00 %

6,50 %

10,00 %

Para os prestameiros que non teñan un historial crediticio ou unha cualificación baseada unicamente nun enfoque de balance de situación, tales como determinadas empresas constituídas cun obxectivo específico, ou as empresas de nova creación, a marxe será polo menos de 4 puntos porcentuais. A marxe aplicable a unha empresa nunca podería ser inferior á que sería aplicable á empresa matriz.

A cualificación de risco de crédito e o grao de colateralización serán determinados de acordo co anexo III de determinación da cualificación do risco de crédito e o grao de colateralización destas bases.

No caso de que o tipo base sexa negativo, o tipo de xuro así resultante de sumar a marxe non poderá ser inferior ao 0 %.

Os xuros ordinarios liquidaranse trimestralmente, coincidindo co último día do trimestre natural. Para cada unha das disposicións e nos períodos de liquidación inferiores ao trimestre natural, a remuneración de xuros será por días naturais, base 360, conforme a seguinte fórmula:

(C × R × T)/36000

Onde «C» = capital, «R» = tipo de xuro nominal anual que se pagará trimestralmente expresado en puntos porcentuais, e «T» = número de días naturais comprendidos entre a data de disposición e o último día do trimestre natural.

Nos restantes períodos trimestrais completos de xuros, o importe absoluto dos xuros devindicados calcularase aplicando a seguinte fórmula:

(C x R)/400

5. Tipo de xuro moratorio: sen prexuízo do dereito de resolución do préstamo, en caso de atraso no pagamento dalgunha das sumas debidas en virtude do contrato de financiamento, o prestameiro incorrerá de pleno dereito en demora sen necesidade de requirimento previo e virá obrigada a pagar sobre a suma vencida o tipo de xuro ordinario máis 4 puntos porcentuais anuais. Estes xuros liquidaranse coincidindo co seguinte vencemento trimestral de xuros.

6. Reembolso: o tramo reembolsable será reintegrado pola persoa beneficiaria nun prazo máximo de 12 anos, con carencia igual ao prazo de execución do proxecto previsto na resolución de concesión máis un ano. Unha vez finalizado o período de carencia, o reintegro do préstamo realizarase en cotas trimestrais con vencemento o último día de cada trimestre natural, xunto coa cantidade destinada ao pagamento de xuros, con cotas constantes de xuros ordinarios máis amortización. O plan de amortización será calculado polo Igape e incorporarase ao contrato de préstamo.

Os pagamentos da persoa beneficiaria ao Igape en concepto de amortización e xuros serán realizados mediante unha transferencia bancaria á conta designada no contrato, ou ben, mediante unha domiciliación na conta que a beneficiaria designe, para o que a titular deberá presentar, debidamente cuberto, o formulario de orde de domiciliación de débito directo SAIBA, que se incorpora no anexo IV. As liquidacións periódicas dos importes para ingresar ou para cargar na conta de domiciliación serán calculadas polo Igape e comunicadas á titular, a título informativo, ao enderezo de correo electrónico sinalado no contrato de financiamento. A non recepción desta comunicación non eximirá a titular da obrigación de pagamento nos prazos establecidos. O pagamento da liquidación fóra de prazo de vencemento supoñerá o pagamento de xuros moratorios conforme o pactado no contrato de financiamento.

7. En caso de producirse o incumprimento total ou parcial das condicións do contrato de financiamento, o Igape poderá dalo por vencido, e requirirá o reembolso total ou parcial, segundo corresponda, do capital vivo e dos xuros devindicados.

8. Garantías: o Igape poderá tomar as garantías de cumprimento adecuadas segundo as características de cada operación. Con carácter xeral, todos os préstamos deberán contar con garantías adecuadas.

9. Dereito privado: os contratos mediante os que se formalicen as operacións someteranse ao dereito privado, aínda cando a débeda a favor do Igape por razón destas operacións terá a cualificación de crédito de dereito público.

Artigo 9. Criterios de priorización

Os proxectos que cumpran coas condicións necesarias serán avaliados de acordo co seguinte baremo xeral:

1. Calidade do proxecto/operación. Ata 5 puntos, que se avaliarán en función dos seguintes criterios:

• Achega dun diagnóstico e dunha identificación da oportunidade da actuación (1 punto).

• Achega de informes independentes respecto da viabilidade técnica (3 puntos).

• Tecnoloxía e proceso industrial suficientemente contrastado (1 punto).

• Achega de proxeccións económicas razoables que sustenten adecuadamente a viabilidade económico-financeira da actuación (2 puntos).

2. Plan de traballo. Ata 5 puntos, que se avaliarán en función dos seguintes parámetros:

• Achega dun cronograma razoablemente factible para a actuación (3 puntos).

• Descrición adecuada dos recursos para utilizar (1 punto).

• Aplicación de perspectiva de xénero no plan de traballo (1 punto).

3. Experiencia. Ata 5 puntos, que se avaliarán en función dos seguintes parámetros:

• Antecedentes da empresa e dos seus promotores (4 puntos).

• Proxectos similares e anos de traxectoria empresarial previa (4 puntos).

• Puntuación negativa en caso de existencia de continxencias ou historial de insolvencias e falta de pagamentos (ata 5 puntos negativos).

4. Cualificación profesional. Ata 3 puntos, que se avaliarán en función dos seguintes parámetros:

• Xustifica dispoñer de recursos humanos adecuados para a xestión operativa (1 punto).

• Xustifica capacidade de administración do negocio (1 punto).

• Xustifica dispoñer de capacidade técnica para desenvolver o proxecto (1 punto).

5. Calidade da xestión operativa. Ata 5 puntos, que se avaliarán en función dos seguintes parámetros:

• Dispoñer de ferramentas e sistemas de control de xestión (1 punto).

• Dispoñer de sistemas de xestión de calidade certificados implantados (4 puntos).

6. Solvencia financeira. Ata 25 puntos. Para pemes con traxectoria previa: dispoñer de información contable fiable, e ratios sobre estados financeiros históricos: adecuada estrutura financeira, nivel de endebedamento adecuado, ratios de rendibilidade, ratios por empregado, nivel de EBITDA histórico en relación ao endebedamento, magnitude da actuación en relación á estrutura previa, capacidade de acceso ao financiamento adicional, compromiso económico histórico dos socios, contribucións dos socios e outros financiadores para a actuación. Para pemes de nova creación: a estrutura de capital, implicación económica de socios promotores e acceso a financiamento bancario complementario. A puntuación será outorgada con base na análise, que será realizada polos servizos técnicos do Igape, coa supervisión do Comité de Riscos previsto no artigo 16, e terase en conta ademais dos estados financeiros históricos o dispoñer de cualificación de rating adecuada por unha axencia acreditada e un informe de revisión independente do plan de negocio (IBR).

7. Creación de emprego. Ata 35 puntos, que se avaliarán en función dos seguintes parámetros:

• O mantemento: número de traballadores con contratos de duración indefinida no momento da solicitude en relación á axuda, en centros de traballo situados na provincia da Coruña (ata 10 puntos).

• A creación relativa: número de postos que se van crear con contratos de duración indefinida en relación á axuda (ata 10 puntos).

• A creación bruta: número de postos que se van crear con contratos de duración indefinida (ata 10 puntos).

• Maiores de 45: número de traballadores maiores de 45 (ata 1 punto).

• Os postos de traballo que se van cubrir por mozos de entre 16 e 29 anos (ata 1 punto).

• Os postos de traballo que se van cubrir por mulleres (ata 1 punto).

• Os postos de traballo que se van cubrir por persoas con discapacidade (ata 1 punto).

• Os postos de traballo que se van cubrir con bolsas de emprego do ITX (ata 1 punto).

8. Existencia de plans de formación. Ata 2 puntos, que se avaliarán en función dos seguintes parámetros:

• Inclusión no proxecto de actuacións de formación para os traballadores e/ou a poboación local (1 punto).

• Dispoñer dun plan de formación para a poboación local/potenciais traballadores que se van contratar (1 punto).

9. Localización: 5 puntos en caso de proxectos situados en municipios que figuran nos protocolos xerais de actuación para o deseño dos convenios de transición xusta acordados entre o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, as consellerías correspondentes das comunidades autónomas e a Federación Española de Municipios e Provincias, así como nos convenios de transición xusta que se subscriban de acordo co artigo 28 da Lei 7/2021, do 21 de maio, de cambio climático e transición enerxética, e que se relacionan no anexo VI.

10. Grao de colateralización. Ata 10 puntos, que se cualificará en función da puntuación obtida conforme o anexo III, de maneira que os puntos asignados para este criterio serán o resultado de dividir entre 10 os puntos obtidos para os efectos previstos no devandito anexo.

11. Incorporación no proxecto dos seguintes obxectivos ambientais: promoción do desenvolvemento sustentable e respectuoso co ambiente, mitigación do cambio climático, promoción do ambiente, economía circular, promoción/protección da biodiversidade e os recursos naturais: ata 5 puntos, distribuídos por cada un dos obxectivos ambientais de referencia.

En caso de empate nas puntuacións, decidirase a favor do proxecto que obtivese máis puntos na valoración do criterio 7°. Se aínda así seguise existindo empate, decidirase pola maior puntuación nos criterios 6°, 5°, 4º, 3º, 2°, 1º, 8º 9º, 10º e 11º por esa orde. En caso de persistir o empate, determinarase a precedencia polo número de expediente máis baixo.

Artigo 10. Procedemento e réxime de aplicación

1. O procedemento de concesión deste instrumento financeiro combinado con subvención nunha mesma operación tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

2. Non se poderán outorgar operacións do instrumento financeiro combinado con subvención por contía superior á que se determine nesta convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito, a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007.

3. As axudas previstas nestas bases incardínase no artigo 14 do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior (DOUE L 187, do 26 de xuño).

Artigo 11. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. Para presentar a solicitude, a persoa solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o cal solicita a operación financeira, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual. Deberá cubrir necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.

2. No devandito formulario, a persoa solicitante ou representante deberá realizar as seguintes declaracións:

a) Que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obrigación de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.

b) Que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, así como a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade.

c) Que non pode ser considerada unha empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) 651/2014.

d) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que se solicita a axuda, e que dispón dos recursos financeiros necesarios para a finalización da totalidade do proxecto, incluíndo as actuacións adicionais ao investimento subvencionable, que sexan necesarias para o proxecto e o financiamento do capital circulante necesario para a sustentabilidade financeira da actuación.

e) Que cumpre cos criterios de definición de peme, segundo a definición establecida no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014.

A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, de calquera dato ou información que se incorpore a esta declaración de peme, ou na documentación que fose requirida para acreditala, dará lugar á perda do dereito á cobranza e, se é o caso, ao reintegro da subvención percibida, constituíndo unha infracción moi grave, tal e como establece o artigo 56.a) da Lei 9/2007. As sancións que se poderán impoñer son as seguintes:

1º. Multa pecuniaria proporcional do dobre ao triplo da cantidade indebidamente obtida.

2º. Cando o importe do prexuízo económico correspondente á infracción exceda os 30.000,00 euros, e concorra algunha das circunstancias previstas nas letras b) e c) do punto 1 do artigo 58 da Lei 9/2007, os infractores poderán ser sancionados, ademais:

i. Coa perda durante un prazo de ata cinco anos da posibilidade de obter subvencións, axudas públicas e avais da Administración ou outros entes públicos.

ii. Coa prohibición durante un prazo de ata cinco anos para establecer contratos coa Administración ou outros entes públicos.

iii. Coa perda durante o prazo de ata cinco anos da posibilidade de actuar como entidade colaboradora.

O Igape realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas para as que se propón a concesión da axuda teñen a condición de peme.

f) Que non iniciou os investimentos e que non existe acordo irrevogable para realizar o proxecto.

g) Que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos investimentos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os investimentos financiados con fondos do FTX.

h) Que conservará os libros contables, os rexistros dilixenciados e os demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso.

i) Que terá unha permanencia mínima ininterrompida na actividade e manterá os investimentos subvencionados destinados ao fin concreto para o que se concedeu a operación durante o período de 3 anos ou, no caso de adquisición de inmobles, durante 5 anos.

j) Que os provedores non están asociados nin vinculados coa empresa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e entenderase que existe vinculación se se dan as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e o artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei. Así mesmo, tomarase en consideración a definición de «empresas asociadas» ou de «empresas vinculadas» establecida nos puntos 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) 651/2014.

k) Que cumpre os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000,00 euros, cando as persoas solicitantes sexan unicamente suxeitas incluídas no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.

l) Que o proxecto subvencionado non inclúe actividades que ocasionen un prexuízo significativo aos obxectivos ambientais previstos no artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables mediante a implantación dun sistema de clasificación (ou «taxonomía») das actividades económicas ambientais sustentables.

m) Que se compromete a garantir a protección fronte ao cambio climático das infraestruturas cuxa vida útil sexa, como mínimo, de cinco anos, de acordo co establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) 2021/1060. Para iso, deberá ter en conta as orientacións técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2017 (Comunicación da Comisión 2021/C 373/01, DOUE do 16.9.2021) e as instrucións que desenvolva para o efecto a autoridade de xestión dos programas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2021-2027.

n) Declaración das axudas concorrentes para a mesma actuación, solicitadas ou concedidas.

3. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I), que se obterá de maneira obrigatoria na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas, e concederáselles ás persoas solicitantes un prazo de 10 días hábiles para a súa emenda, transcorrido o cal teráselles por desistidos da súa petición, logo de resolución de arquivo.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

4. Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, as persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa sinatura sexa suficiente para acreditar a vontade da persoa solicitante.

b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación:

https://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dunha única persoa solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento deberá ser asinado electronicamente por cada un dos autorizantes.

Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferido este ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo no que quedará constancia do feito da presentación.

As persoas solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, e indicarán os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico no que desexan recibir o xustificante.

5. Cando o importe do investimento subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (importe igual ou superior a 15.000,00 euros no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben e importe igual ou superior a 40.000,00 euros para o caso de execución de obra, no momento de publicación destas bases), a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que os realicen, presten ou fornezan.

No caso de adquisicións de edificacións ou construcións novas ou usadas non será preciso achegar as tres ofertas, senón que deberá acompañarse un informe de taxación subscrito por sociedade de taxación homologada.

As tres ofertas ou orzamentos de provedores deberán reunir, como mínimo, os seguintes requisitos:

a) Comparabilidade: deberán referirse á mesma tipoloxía de elemento obxecto de investimento, con prestacións similares e conter conceptos análogos e comparables e co detalle suficiente para a súa comparación.

b) Non vinculación: os provedores das tres ofertas non poderán ser vinculados entre si nin coa empresa solicitante. Para estes efectos, enténdese que existe unha vinculación se se dan as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos puntos 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) 651/2014.

c) Identificación do ofertante e do destinatario: deberán conter a razón social, o domicilio e o número ou código de identificación fiscal. Excepcionalmente, poderán admitirse ofertas ou orzamentos en que se omita algún dos elementos identificativos do emisor ou do destinatario cando, a criterio dos servizos técnicos do Igape, se considere que están clara e inequivocamente identificados o ofertante e o destinatario.

d) Data e validez: todas as ofertas deberán mostrar unha data de emisión e un prazo de validez. As ofertas non poderán ter un prazo de validez vencido na data de presentación da solicitude.

Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non desenvolvan no mercado a actividade de subministración do ben ou do servizo ou que parezan de compracencia (contido e formato idénticos ou extremadamente similares entre ofertas, erros idénticos ou aparencia non habitual, entre outros).

Con carácter xeral, será subvencionable o importe correspondente á oferta de menor prezo de entre as comparables. Excepcionalmente, cando a persoa solicitante non escolla a oferta de menor prezo, poderá considerar subvencionable o importe da oferta elixida cando acredite que se trata da oferta economicamente máis vantaxosa tras a valoración de diferentes criterios adicionais ao prezo.

Artigo 12. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

1.1) Documentación xeral e financeira.

i. No caso de novas actividades ou novos establecementos o compromiso de alta no IAE dentro do período de execución do proxecto.

ii. Documentación xurídica da personalidade da solicitante:

a) Para sociedades ou entidades xa constituídas:

A escritura ou o documento xuridicamente válido de constitución, os estatutos debidamente rexistrados no rexistro competente, as modificacións posteriores destes e a acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil. No caso de agrupacións, referirase o representante ou apoderado único da agrupación.

No caso de sociedades rexistradas no Rexistro Mercantil, poderá solicitarse, motivadamente, algunha ou algunhas das escrituras referidas no parágrafo anterior cando a información obtida do Rexistro Mercantil non resulte suficiente para concluír sobre a personalidade da sociedade ou da súa representación.

b) Para as sociedades en constitución:

Certificado do Rexistro Xeral de Sociedades Mercantís da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza, ou do rexistro competente, de non figurar inscrita a futura denominación social da entidade que se vai constituír.

Proxecto de estatutos da sociedade.

Nestes casos deberá acreditarse a válida constitución da sociedade con anterioridade á emisión da proposta de resolución. Para tal fin, a documentación establecida na letra a) anterior destas bases deberá ser presentada no Igape con anterioridade á resolución do expediente. Se non fose presentada, de oficio ou logo de requirimento para a súa emenda no prazo de dez días, o Igape arquivará o expediente.

iii. A memoria descritiva do investimento proxectado, que deberá ser cuberta no formulario electrónico da solicitude.

iv. No caso de entidades obrigadas a formular e aprobar as contas anuais, as contas anuais correspondentes ao último exercicio pechado para o que se cumpriu o prazo de aprobación legalmente establecido, ou de depósito, no caso de obrigación de depósito no Rexistro Mercantil, xunto co informe de auditoría no caso de que a empresa estea obrigada a someter as súas contas a auditoría. Así mesmo, no caso de que a solicitante estea integrada nun grupo de sociedades que consolide contas, achegará as contas anuais consolidadas. Achegaranse, igualmente, as contas anuais de todas as entidades que deban ser tidas en conta para os efectos de determinar a consideración ou non de peme da entidade solicitante, salvo que estas estean integradas nas contas consolidadas, que, se é o caso, fosen presentadas.

v. No caso de investimentos de diversificación da produción en establecementos existentes con reutilización de activos, deberán achegar o inventario de inmobilizado que serviu de base para a formulación das contas anuais correspondentes ao último exercicio económico pechado, con indicación, para cada elemento do inventario, da data de adquisición ou incorporación, o valor ou custo de adquisición, o importe da amortización acumulada á data do inventario e, se é o caso, doutras depreciacións por perda de valor, así como o valor neto contable na data do inventario.

Así mesmo, deberá achegar un informe dun experto independente colexiado que indique os activos do inventario que se pretende reutilizar, os cales deberán figuran identificados no inventario de inmobilizado.

No caso de investimentos de diversificación da produción en establecementos existentes sen reutilización de activos, deberán presentar unha declaración responsable nese sentido.

vi. A declaración da condición de peme, que se cubrirá no formulario electrónico de solicitude, con datos das contas anuais do último exercicio pechado na data da solicitude.

vii. En relación coa declaración doutras axudas para o mesmo proxecto, cando teña axudas concedidas, deberá achegar unha copia das resolucións destas.

viii. Para as subvencións de importe superior a 30.000,00 euros, deberá acreditarse o cumprimento dos prazos de pagamento que se establecen na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, da seguinte forma:

a) As persoas físicas e xurídicas que, de acordo coa normativa contable, poden presentar a conta de perdas e ganancias abreviada, mediante unha certificación subscribida pola persoa física ou, no caso de persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, na que afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro. Poderán tamén acreditar esta circunstancia por algún dos medios de proba previstos na letra b) seguinte e con suxeición á súa regulación.

b) As persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, non poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante:

1º. Unha certificación emitida por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste punto, con base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.

Esta certificación será válida ata que resulten auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.

2º. No caso de que non sexa posible emitir o certificado a que se refire o número anterior, Informe de procedementos acordados, elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores da sociedade a unha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido no parágrafo seguinte deste punto.

Para os efectos desta lei, entenderase cumprido o requisito exixido neste punto cando o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, sexa igual ou superior á porcentaxe prevista na disposición derradeira sexta, letra d), punto segundo, da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.

Calquera financiamento que permita a cobranza anticipada da empresa provedora considerarase válida para os efectos do cumprimento deste punto, a condición de que o seu custo sexa por conta do cliente e se faga sen posibilidade de recurso ao provedor en caso de falta de pagamento.

ix. Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIRBE) correspondente ao último período dispoñible, consistente nun arquivo en formato PDF asinado electronicamente, que a persoa solicitante deberá obter da Oficina Virtual do Banco de España (actualmente no enderezo da internet https://sedeelectronica.bde.es).

x. Balance de situación e conta de perdas e ganancias referidas a unha data e período recentes, respectivamente.

xi. Memoria para a cualificación do risco de crédito co seguinte contido:

– Antecedentes da empresa e dos seus promotores: historial, principais fitos na evolución da empresa.

– Capacidades básicas: estratéxicas, a capacitación da xerencia, organizativas e de control.

– Capacidade técnica da entidade: os recursos humanos, técnicos, os materiais, as colaboracións, as cooperacións, as certificacións de calidade e ambientais.

– Capacidade tecnolóxica da entidade: recursos humanos, técnicos e económicos, patentes, I+D+i.

– Capacidade económica da entidade: a análise dos estados financeiros, a solvencia dos promotores, a política de financiamento e rendibilidade.

xii. Acreditación da dispoñibilidade do financiamento nacional necesario para levar a cabo o proxecto, respectando, como mínimo, o 25 % de contribución financeira exenta de apoio público.

xiii. Plan económico-financeiro da empresa, que deberá incorporar proxeccións da conta de perdas e ganancias e dos fluxos de efectivo previsionais anualizados para un mínimo dos 5 anos seguintes, cunha descrición razoada das hipóteses en que se fundamentan as previsións e, en particular, cunha análise do impacto do proxecto obxecto da solicitude.

xiv. Complementariamente e con carácter facultativo, o Igape poderá solicitar, motivadamente, a achega de calquera outra documentación xustificativa para efectos da valoración da subvencionalidade do proxecto ou da avaliación do risco de crédito.

xv. Anexo II de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, se é o caso.

1.2) Documentación relativa aos investimentos:

i. As tres ofertas que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, debe solicitar a persoa solicitante, de acordo co establecido no artigo 11.7 e agás as excepcións previstas nestas bases reguladoras.

No caso de elementos para os que, polas súas especiais características, non exista no mercado suficiente número de provedores que os fornezan: o informe emitido por unha persoa independente e experta na materia, acreditativo desta circunstancia.

No caso de elementos para os que se pretenda a subvencionabilidade dunha oferta económica distinta da de menor importe: un informe emitido por unha persoa independente e experta na materia, acreditativo de que foi escollida a oferta economicamente máis vantaxosa, tendo en conta os criterios adicionais ao prezo. Deberá conter unha descrición e unha explicación dos criterios recollidos e do modo en que estes fosen valorados.

ii. Para cada un dos elementos integrantes do investimento proxectado para os que non sexa de aplicación o previsto no punto anterior, deberá achegarse, como mínimo, unha oferta ou orzamento.

iii. Cadro de ofertas segundo o modelo que figura no formulario de solicitude.

iv. Un anteproxecto ou proxecto técnico elaborado para a obtención da correspondente licenza urbanística, no caso de proxectos que inclúan investimentos de obra civil e demais casos en que sexa preceptiva esta licenza (a construción ou a reforma de nave, as oficinas, os locais comerciais, etc.).

Para estes efectos, cando se trate de obras menores, como as necesarias para a instalación dos equipos subvencionables, entre outras, non será preceptiva a achega desta documentación.

v. Unha declaración responsable do cumprimento do principio de non causar prexuízo significativo ao ambiente (principio Do no significant harm-DNSH), segundo o anexo VII destas bases.

vi. Unha declaración responsable do cumprimento dos condicionantes ambientais especificados para cada caso segundo a tipoloxía de actuación ou proxecto indicados, segundo o anexo VIII destas bases.

vii. A documentación que acredite a realización da análise da defensa contra o cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto de infraestrutura, desde a planificación inicial, de acordo co establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) 2021/1060, tendo en conta as orientacións técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2027 (Comunicación da Comisión 2021/C 373/01, DOUE do 16.9.2021). Con todo, se a empresa solicitante non dispón aínda en fase de solicitude dun proxecto suficientemente definido que permita integrar esta análise nesta fase inicial, poderá comprometerse á súa realización no prazo de execución do proxecto. Este compromiso figurará expresamente no documento notarial de préstamo.

viii. Adicionalmente, para os seguintes tipos de actuacións relacionadas con inmobles, deberán presentar:

a) No caso de obra civil de construción en terreo propio: a acreditación da propiedade do terreo ou o compromiso de que pasará a ser propiedade da persoa solicitante antes do comezo das obras.

b) No caso de obra civil de construción en terreo con concesión administrativa ou dereito de superficie: o documento acreditativo da concesión ou do dereito de superficie, que deberá ter unha duración superior a 5 anos contado desde a data de finalización do proxecto que figure na resolución de concesión.

c) No caso de reforma dun inmoble (nave, edificio, local…) propio: a documentación acreditativa da titularidade do inmoble.

d) No caso de reforma en inmobles arrendados ou sobre os que exista un dereito de uso: o contrato de arrendamento do inmoble, ou o documento que acredite o dereito de uso da instalación, cunha duración mínima de 5 anos (excluídas as prórrogas) contado desde a data de finalización do proxecto que figure na resolución de concesión.

e) No caso de adquisición de edificacións xa construídas novas: un informe de taxación subscrito por unha sociedade de taxación homologada do valor de mercado dos bens que se adquiran.

f) No caso de adquisición de edificacións xa construídas usadas:

– Unha declaración do vendedor sobre que a edificación ou construción non foi obxecto de ningún tipo de subvención autonómica, nacional ou comunitaria.

– Un informe de taxación subscrito por unha sociedade de taxación homologada do valor de mercado dos bens que se adquiran.

1.3) Documentación relativa ao mantemento de emprego, creación de postos de traballo e restantes criterios baremables:

i. Criterios de mantemento e creación de emprego.

a) Compromiso de creación e mantemento de emprego: declaración pola que a persoa solicitante se compromete á creación de emprego con contrato de duración indefinida, especificando os postos de traballo que se van crear, e comprométese, así mesmo, ao mantemento do persoal con contrato indefinido preexistente no momento da solicitude e a creada durante un período de tres anos desde a acreditación do fito de creación de emprego. Dos postos de traballo que se van crear, deberá especificar cantos serán destinados a persoas maiores de 45 anos, cantos a mozos de entre 16 e 29 anos, cantos serán ocupados por mulleres, cantos estarán dirixidos a persoas con discapacidade e cantos se cubrirán con bolsas de emprego do ITX.

b) Informe de vida laboral na data da solicitude.

c) No caso de creación de emprego para ocupar por persoas con discapacidade, deberán presentar unha declaración responsable das persoas con discapacidade que ten contratadas a empresa con carácter indefinido na data da solicitude. Computarase a equivalencia correspondente da xornada efectiva respecto da xornada completa.

ii. Plans de formación: unha declaración das actuacións previstas en materia de formación de traballadores e poboación local. Un plan de formación para a poboación local e potenciais traballadores que se van contratar.

iii. Ofrecemento de garantías. En caso de ofrecer garantías persoais de persoas físicas ou xurídicas distintas de entidades financeiras, a relación de bens titularidade do avalista, especificando cargas e débedas. En caso de aval bancario ou de SGR, o documento emitido pola entidade no que se especifica o importe da garantía. En caso de garantías hipotecarias sobre bens inmobles, unha taxación emitida por unha sociedade homologada. En caso de garantías sobre bens mobles, un informe pericial de valoración.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou estes documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante unha consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, salvo que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Artigo 13. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante ou, se é o caso, de cada un dos socios da comunidade de bens.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Imposto de actividades económicas (IAE) da persoa ou entidade solicitante.

f) Consulta de información do imposto de actividades económicas ampliado da persoa ou entidade solicitante.

g) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT da persoa ou entidade solicitante ou, se é o caso, de cada un dos socios da comunidade de bens.

h) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da persoa ou entidade solicitante ou, se é o caso, de cada un dos socios da comunidade de bens.

i) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública da persoa ou entidade solicitante ou, se é o caso, de cada un dos socios da comunidade de bens.

j) Informes da vida laboral necesarios para a comprobación do mantemento e da creación do emprego da persoa ou entidade solicitante.

k) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas da persoa ou entidade solicitante ou, se é o caso, de cada un dos socios da comunidade de bens.

l) Consulta de concesións doutras subvencións e axudas da persoa ou entidade solicitante ou, se é o caso, de cada un dos socios da comunidade de bens.

m) Consulta da documentación depositada no Rexistro Mercantil, segundo o artigo 12 punto 1.1.ii.a) das bases da persoa ou entidade solicitante ou, se é o caso, de cada un dos socios da comunidade de bens.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) ou no de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas (anexo II) e presentar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 14. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo ao enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Artigo 15. Órganos competentes

O órgano competente para a instrución do procedemento de concesión será a Área de Financiamento do Igape e será a persoa titular da Dirección da Área de Financiamento o órgano competente para resolver o arquivo, as desistencias e a renuncia de dereitos nos expedientes tramitados na súa área, nos casos previstos na lexislación vixente, por delegación do Consello de Dirección do Igape. O Comité de Riscos previsto no artigo 16.4 elevará unha proposta de resolución, favorable ou desfavorable, ao Consello de Dirección do lgape, que será o órgano competente para resolver.

Artigo 16. Instrución dos procedementos

1. Unha vez recibidas as solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude ou o formulario non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, requirirase ao interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se terá por desistido da súa petición, logo da correspondente resolución. Dado o réxime de concesión en concorrencia competitiva, a ausencia de memoria técnica ou a presentación dunha memoria técnica ilexible non será emendable, e o expediente avaliarase utilizando unicamente a información achegada coa solicitude.

2. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, os requirimentos citados de emenda realizaranse mediante unha publicación na páxina web do Igape no enderezo https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual e producirán os mesmos efectos que a notificación individualizada.

3. As solicitudes serán avaliadas e informadas polos servizos técnicos do órgano instrutor do Igape en función da documentación achegada, sen prexuízo de que para a cualificación do risco de crédito poida solicitarse información da solvencia da persoa solicitante e das súas avalistas, para o que se poderán consultar as informacións dos rexistros mercantís e da propiedade, a Central de Información de Riscos do Banco de España, así como as bases de datos, mesmo privadas, que recompilen os datos de morosidade, as incidencias xudiciais ou outros. Tamén se poderá obter información do cumprimento e historial crediticio das entidades financeiras que, se é o caso, participen no financiamento do proxecto, así como das sociedades de garantía recíproca.

Así mesmo, o órgano instrutor formulará unha relación ordenada de todas as solicitudes, con indicación da puntuación outorgada a cada unha delas, en aplicación dos criterios de priorización e desempate establecidos no artigo 9 destas bases, e a cal será elevada ao Comité de Riscos, que decidirá sobre a súa validación ou rectificación como consecuencia da supervisión e da validación das valoracións dos proxectos incluídas no informe técnico específico de cada solicitude, para o que poderá acordar axustes cualitativos na puntuación, sempre que sexan motivados.

O Comité de Riscos acordará elevar as propostas de resolución favorable ou desfavorable.

4. O Comité de Riscos estará formado por un número impar de membros, e incluirá representantes do Igape, de Xesgalicia e, se é o caso, das correspondentes consellerías sectoriais.

Ademais, poderá solicitar a presenza como asesor/a doutro persoal representante de calquera Administración pública, que non participará nas votacións.

Artigo 17. Acordo de concesión, publicación e notificacións

1. A Área de Financiamento do Igape ditará a proposta de concesión con base no procedemento exposto no artigo anterior a partir da relación de solicitudes puntuadas.

O Consello de Dirección do Igape será o órgano que adoptará a decisión de concesión ou denegación da solicitude. En caso de adoptar un acordo diferente ao proposto polo Comité de Riscos, este deberá ser motivado.

2. O acordo de concesión da axuda comprenderá a seguinte información:

a) A identificación da persoa beneficiaria.

b) O importe do préstamo e dos tramos reembolsable e non reembolsable.

c) O importe e descrición do investimento considerado subvencionable e non subvencionable.

d) Os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse coa actuación subvencionada.

e) O prazo de execución.

f) O tipo de xuro aprobado.

g) O prazo de vixencia do préstamo e, se é o caso, de carencia.

h) O prazo de disposición dos fondos.

i) A descrición das garantías para constituír a favor do Igape.

j) As condicións de creación e mantemento de emprego (fito de emprego).

k) Outras obrigacións e compromisos que se poidan requirir á prestameira.

Tamén incluirá a comunicación de que a aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión das persoas beneficiarias na lista de operacións, que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda, co contido previsto no punto 3 do artigo 49 do Regulamento (UE) 2021/1060.

3. No acordo denegatorio de axuda farase constar o motivo da denegación.

4. O acordo conxunto será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, á cal se remitirá desde o texto publicado no Diario Oficial de Galicia, de acordo co artigo 45 da Lei 39/2015.

5. O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será o establecido no punto cuarto da resolución da convocatoria, transcorrido o cal se poderá entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da axuda.

6. As notificacións das resolucións e os actos administrativos do procedemento que non sexan obxecto de publicación practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. As persoas solicitantes deberán acceder á páxina web do Igape na ligazón tramitación electrónica para recibir as notificacións. O sistema solicitará da persoa interesada o seu certificado dixital en vigor, e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificante de recepción electrónico).

Artigo 18. Réxime de recursos

Os acordos ditados ao abeiro destas bases poñerán fin á vía administrativa e contra eles poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestativamente, un recurso previo de reposición, ante a persoa titular da Dirección da Área de Financiamento, no caso de recursos de reposición contra as resolucións de arquivamento, por delegación do Consello de Dirección do Igape, e ante o Consello de Dirección do Igape, no caso de recursos de reposición contra os acordos de concesión ou denegación das axudas. En ambos os casos, o prazo para interpoñer o recurso será dun mes, desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

Artigo 19. Modificación do acordo de concesión

1. Unha vez resolta a concesión, observarase o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei de subvencións, admitíndose modificacións dentro dos límites xerais establecidos nestas bases, a condición de que estes cambios non alteren o baremo ou desvirtúen o proxecto. Non se admitirán modificacións que amplíen o prazo de execución do proxecto máis aló das datas límites establecidas na resolución de convocatoria nin aquelas que supoñan unha maior subvención para o proxecto.

2. A persoa beneficiaria deberá solicitar a modificación ao Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica. O acto polo que se acorde ou denegue a modificación da resolución será ditado polo Consello de Dirección do Igape, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se lles dará audiencia, de ser preciso, aos interesados.

3. Os prazos para a formalización e disposición dos fondos das operacións, así como os prazos de execución das actuacións, poderán ser modificados, logo da solicitude dos interesados, por resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape, previo informe da Área de Financiamento nos casos nos que se acredite que o atraso non é por causa imputable á persoa beneficiaria.

Artigo 20. Formalización dos préstamos e disposición dos fondos

1. Formalización: as empresas beneficiarias deberán instar a formalización dos contratos de financiamento nos prazos establecidos no acordo de concesión.

A solicitude de formalización por parte da beneficiaria deberá presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos mediante o formulario normalizado que figura como anexo IX, a través da dirección da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Unha vez transcorridos os prazos sinalados sen que se inste a formalización, decaerá a concesión e arquivarase o expediente, salvo xustificación de razóns que motiven a concesión dunha prórroga do devandito prazo.

Correrán a cargo da prestameira os gastos asociados á formalización da operación e inscrición de garantías constituídas (notario, rexistrador), así como o custo de liquidación de todos os tributos que esta operación xere.

2. Disposición dos fondos: o prazo máximo para dispoñer dos fondos obtidos dos préstamos e o número máximo de disposicións será o establecido no acordo de concesión.

En todo caso, este prazo non superará o período de carencia na amortización do préstamo nin excederá a data que para ese efecto se estableza na resolución da convocatoria.

O desembolso das operacións financeiras realizarase por solicitude da beneficiaria, conforme o modelo do anexo X. As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizado co IDE, que se obterá de maneira obrigatoria na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e deberán acreditar os requisitos e achegar a documentación sinalada a continuación, así como aqueloutros que, se é o caso, se establezan na resolución individual de concesión:

Conforme o punto dous do artigo 55 da Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2024, a prestameira deberá acreditar que se atopa ao día de pagamento das obrigacións de reembolso de calquera outro préstamo concedido anteriormente con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma, mediante unha certificación do órgano competente, ou cando non se poida acreditar doutra maneira, mediante unha declaración responsable da prestameira.

3. Con carácter previo ou simultáneo ao desembolso da primeira disposición dos fondos, a persoa titular deberá presentar ante o Igape a primeira copia da escritura ou póliza de préstamo debidamente liquidada, e será requisito que as garantías que, se é o caso, se establezan no acordo de concesión estean debidamente inscritas nos rexistros que correspondan.

4. Transcorrido o prazo máximo de disposición sen que se dispoña da totalidade dos fondos, salvo xustificación por razóns que motiven a concesión dunha prórroga do devandito prazo, o importe da operación financeira quedará fixado no importe efectivamente disposto. Neste suposto o Igape emitirá unha resolución na que se anule o compromiso pola parte non disposta.

Os fondos obtidos da operación financeira deberán ser aplicados exclusivamente ao pagamento dos conceptos de investimento subvencionable aprobados no acordo de concesión. O compromiso de aplicar os fondos a esta finalidade, deberá figurar no documento notarial polo que se instrumente a operación de préstamo segundo o punto primeiro deste artigo.

Artigo 21. Xustificación do investimento subvencionable

1. A aplicación da operación financeira ao pagamento do investimento subvencionable do proxecto acreditarase documentalmente ante o Igape nun prazo máximo de catro meses desde a finalización do prazo de execución indicado no acordo de concesión. Dentro do mesmo prazo, deberá xustificarse tamén a execución e o pagamento do investimento subvencionable sufragado coas restantes fontes de financiamento.

2. Para presentar a documentación xustificativa do investimento subvencionable, a beneficiaria deberá cubrir previamente o formulario electrónico de xustificación a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico de liquidación (IDEL) que identificará univocamente a solicitude de xustificación.

A xustificación presentarase mediante o formulario normalizado que a título informativo figura como anexo XI, e que se obterá de maneira obrigatoria na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDEL obtido no paso anterior. As solicitudes de xustificación que carezan do IDEL ou nas que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) poderán dar lugar ao comezo do expediente de incumprimento no caso de non ser corrixidas, logo do requirimento formulado para tal fin.

3. Unha vez xerada a solicitude de xustificación na aplicación informática, a beneficiaria deberá presentala obrigatoriamente por vía electrónica.

4. No caso de que a solicitude de xustificación non se presentase en prazo ou a xustificación fose incorrecta, requirirase a beneficiaria para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días hábiles. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a obriga de reintegro do tramo non reembolsable de préstamo, e de vencemento e amortización anticipada do tramo reembolsable. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá a beneficiaria das sancións que, conforme a lei, puidesen corresponder. A xustificación cumprirá os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da Lei 9/2007.

5. Xunto coa solicitude de xustificación a beneficiaria presentará a seguinte documentación:

a) Documentos acreditativos da actuación financiable consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007, e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberán conter suficiente información que permita relacionalas cos conceptos xustificados.

En caso de obra civil de inmobles arrendados e/ou en réxime de concesión administrativa e/ou dereito de superficie, deberá achegarse o contrato de arrendamento/concesión/superficie.

b) A documentación acreditativa do pagamento, por algún dos seguintes medios:

1º. O xustificante de transferencia bancaria, a certificación bancaria ou extracto bancario, ou o xustificante electrónico de transferencia bancaria. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante un recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

2º. Informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e o pagamento dos investimentos e/ou gastos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como financiables no expediente.

Nas facturas en moeda estranxeira debe acreditarse con documentos bancarios de cargo nos cales conste o cambio empregado.

c) No caso de que a actuación financiada inclúa obra civil, deberá constar a licenza municipal que sexa requirida ou, no caso de obras menores, a comunicación previa prevista no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

d) Comunicación previa do inicio da actividade ou da apertura do establecemento prevista no artigo 24 da Lei 9/2013, no caso de proxectos de creación dun novo establecemento.

e) Documentación xustificativa dos acordos xurídicos celebrados coas entidades privadas ou públicas españolas acreditativos da contribución nacional que constitúen o cofinanciamento nacional que prestan estas entidades a nivel dos perceptores finais, da transferencia efectiva dos recursos que constitúen este cofinanciamento nacional e da pista de auditoría ata o nivel dos perceptores finais, de acordo co estipulado no artigo 7, punto 2 destas bases reguladoras.

f) Documentación xustificativa que acredite o cumprimento dos requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto, de acordo co establecido no artigo 23, letra f) e conforme o establecido no anexo V destas bases reguladoras.

g) Documentación xustificativa que acredite o cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (principio Do no significant harm-DNSH), conforme o establecido no artigo 23, letra g) destas bases reguladoras. No caso de que a actuación financiada inclúa obra civil, deberá achegar unha documentación acreditativa do cumprimento das condicións específicas indicadas no devandito punto.

h) Documentación xustificativa que acredite o cumprimento dos condicionantes ambientais indicados no anexo VIII, de acordo co disposto no artigo 23, letra h) destas bases reguladoras.

i) No caso de que a actuación financiada inclúa infraestruturas cunha vida útil superior a 5 anos, deberá achegar unha documentación xustificativa da realización da análise da defensa contra o cambio climático, conforme o establecido no artigo 23, letra i) destas bases reguladoras.

6. O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación presentada e solicitar aqueloutra documentación que considere necesaria co obxecto de constatar o cumprimento dos requisitos e obrigas establecidas para as persoas beneficiarias nas bases reguladoras.

Artigo 22. Xustificación do fito de creación de emprego e outras condicións baremadas para a execución

O prazo máximo para presentar a xustificación do fito de creación de emprego e, se é o caso, doutras condicións de execución do proxecto baremadas na concesión do instrumento financeiro de préstamo combinado con subvención nunha única operación, finalizará na data que se indique na resolución da convocatoria para cada unha das persoas beneficiarias.

A solicitude de xustificación do fito de creación de emprego e, se é o caso, doutras condicións de execución do proxecto baremadas na concesión, deberá presentarse segundo o modelo do anexo XII.

Desde a acreditación do fito de creación de emprego e, se é o caso, doutras condicións de execución do proxecto baremadas na concesión, consideraranse cumpridas as condicións da subvención combinada co instrumento financeiro na operación, considerándose como un reembolso de capital para os efectos do pagamento de xuros.

A acreditación da creación neta dun número de traballadores menor ao comprometido, ou a falta de cumprimento das características puntuables deste conforme o artigo 9, poderá xerar tamén dereito a non reintegrar o tramo non reembolsable, sempre que a puntuación obtida co emprego finalmente creado e outros criterios acreditados, non supuxese a exclusión da operación en concorrencia competitiva.

Ademais do cumprimento do fito de creación de emprego e, se é o caso, doutras condicións de execución do proxecto baremadas na concesión do instrumento financeiro de préstamo combinado con subvención nunha única operación, a titular deberá estar ao día nos pagamentos das cotas do préstamo, nas obrigas de pagamento coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Axencia Tributaria, e a Comunidade Autónoma.

Artigo 23. Obrigas das persoas beneficiarias

Son obrigas das persoas beneficiarias:

a) Executar o proxecto que fundamenta a concesión da operación no prazo establecido no acordo de concesión e manter o investimento no centro de traballo na provincia da Coruña durante os 3 anos seguintes á finalización do prazo de execución do proxecto, ou 5, no caso de que o investimento subvencionable sexa a adquisición de inmobles.

b) Xustificar ante o Igape o cumprimento do fito de creación de emprego, e, se é o caso, doutras condicións de execución do proxecto baremadas na concesión do instrumento financeiro de préstamo combinado con subvención nunha única operación, así como manter o persoal con contrato indefinido existente á data de solicitude de axuda e o emprego creado no prazo de 3 anos desde a acreditación do fito de creación de emprego.

c) Someterse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular, ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC, as auditorías do organismo de auditoría do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027 ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de 5 anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria (artigo 82 do RDC). Para os efectos do RDC e do cumprimento desta obriga considérase como beneficiario o Igape, motivo polo cal se comunicará esta data aos perceptores finais para os efectos de que coñezan con precisión cal será o período concreto de conservación da documentación.

d) Comunicar ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos concorrentes que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, coa acreditación do fito de creación de emprego.

e) Xustificar documentalmente a realización e o pagamento do investimento subvencionable no prazo establecido nas bases reguladoras, así como manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos investimentos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permitan seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados cos fondos do FTX.

f) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e o FTX segundo o establecido no anexo V a estas bases, durante o período de execución e mantemento do investimento.

g) Comprometerse a evitar os impactos negativos significativos no ambiente na execución das actuacións, respectando o principio de «non causar prexuízo significativo» (principio Do no significant harm-DNSH), no sentido establecido no artigo 9.4 do RDC.

De acordo a este principio, deberá terse en conta que para os proxectos que requiran a realización de obra civil durante a execución do proxecto se deberán cumprir as seguintes condicións específicas:

– Polo menos o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos (excluíndo o material natural mencionado na categoría 17 05 04 na Listaxe europea de residuos establecido pola Decisión 2000/532EC) xerados na execución da obra prepararanse para a súa reutilización, reciclaxe e recuperación doutros materiais, incluídas as operacións de recheo utilizando residuos para substituír outros materiais, de acordo coa xerarquía de residuos e o Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE.

– Para a execución da actuación non se utilizará o amianto nin substancias moi preocupantes identificadas a partir da Listaxe de substancias suxeitas a autorización que figura no anexo XIV do Regulamento (CE) 1907/2006.

h) Cumprir os condicionantes ambientais indicados no anexo VIII, ou ben sinalar a súa non aplicación, segundo corresponda á execución do proxecto.

i) Realizar a análise da defensa contra o cambio climático, de acordo co establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) 2021/1060, tendo en conta as orientacións técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2027 (Comunicación da Comisión 2021/C 373/01, DOUE do 16.9.2021).

j) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

k) No caso de non ser capaz de realizar o proxecto para o cal se concedeu a operación, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.

l) Facilitar toda a información necesaria para que Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da citada lei.

m) Facilitar, por instancia do Igape, a titularidade real da empresa beneficiaria para o caso de que, consultadas as bases de datos correspondentes, non se puidese dispoñer da devandita información.

n) Informar sobre o nivel de logro dos indicadores correspondentes a estas bases, en caso de ser necesario.

ñ) Presentar unha declaración responsable na que a persoa beneficiaria se comprometa a cumprir cos principios horizontais establecidos no artigo 9 do RDC en materia de igualdade, accesibilidade e dereitos fundamentais.

o) Todo iso sen prexuízo das demais obrigacións que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 24. Perda do dereito á operación de instrumento financeiro de préstamo combinado con subvención, con reintegro do tramo non reembolsable e a resolución e o vencemento anticipado do tramo reembolsable

1. Producirase a perda do dereito á operación de instrumento financeiro de préstamo combinado con subvención, no suposto de falta de xustificación das condicións impostas no acordo de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, no artigo 33 da Lei 9/2007, ou na restante normativa aplicable, o que dará lugar, de ser o caso, á obriga de reintegro total ou parcial do tramo non reembolsable de préstamo, e de vencemento e amortización anticipada do tramo reembolsable.

2. O procedemento para declarar a perda do dereito, e para facer efectivo o reintegro do tramo non reembolsable ao que se refire o punto anterior, será o establecido no título II da Lei 9/2007.

3. Procederá a perda total do dereito á operación de instrumento financeiro de préstamo combinado con subvención, con obriga de reintegro total do tramo non reembolsable de préstamo, e de vencemento e amortización anticipada total do tramo reembolsable, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Obter a operación sen reunir as condicións requiridas.

b) Non achegar a xustificación do cumprimento do fito da creación de emprego, ou da realización dos investimentos subvencionables.

c) Cando á finalización do prazo de creación de emprego e nos 3 anos seguintes non se mantivese o emprego con contrato indefinido preexistente antes do proxecto, incrementado en polo menos un posto de traballo adicional. Para ese efecto, o Igape poderá facer comprobacións en calquera momento deste período.

d) O incumprimento de calquera compromiso ou condición que fose tida en conta na concesión da operación, que de non tomarse en consideración na avaliación supuxese non alcanzar suficiente puntuación en concorrencia competitiva para a concesión.

e) O incumprimento das condicións dispostas no anexo VII, co obxecto de garantir o cumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio Do no significant harm-DNSH) e resto de exixencias ambientais sinaladas no marco do programa do Fondo de Transición Xusta de España para o período 2021-2027.

f) O incumprimento dos condicionantes ambientais que puidesen ser aplicables segundo a tipoloxía do proxecto sinalados no anexo VIII.

g) A obtención doutras axudas para o proxecto non declaradas.

h) Cando o grao de incumprimento parcial supere o 50 %, ou cando o investimento subvencionable acreditado non alcance o importe mínimo establecido nestas bases reguladoras.

4. Procederá a perda parcial, en función do grao de incumprimento, do dereito á operación de instrumento financeiro de préstamo combinado con subvención, con obriga de reintegro parcial do tramo non reembolsable de préstamo, e de vencemento e amortización anticipada parcial do tramo reembolsable, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) No caso de que non se manteñan os investimentos subvencionados nos centros de traballo previstos durante o período mínimo de 3 anos, ou de 5, en caso de adquisición de bens inmobles, o grao de incumprimento será, en puntos porcentuais, o resultado de dividir o custo que os elementos non mantidos supoñan entre o investimento subvencionable total multiplicado por cen.

b) O incumprimento das condicións de publicidade, supoñerá un grao de incumprimento de 3 puntos porcentuais.

c) En caso de falta de xustificación parcial da contía ou conceptos do investimento subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao importe do investimento non xustificado ou aplicado a conceptos distintos dos considerados subvencionables.

5. Ademais de nos supostos previstos nos puntos anteriores, o Igape poderá resolver a operación, declarando o vencemento e a amortización anticipada do tramo reembolsable, en caso de falta de pagamento pola prestameira de cantidades debidas por principal e/ou xuros por importe equivalente a tres cotas trimestrais.

A prestameira quedará obrigada ao pagamento das cantidades debidas polo tramo reembolsable no prazo de 5 días naturais contados desde a notificación da resolución. Se a prestameira incumpre a obriga de pagamento no prazo sinalado, o Igape poderá desde o día seguinte, sen máis aviso e en calquera tempo, reclamar xudicialmente o importe que ao seu favor acredite, tanto por capital como por xuros, gastos e tributos, así como executar as garantías pactadas, tendo en conta que desde o momento da notificación todas as débedas quedan vencidas e son exixibles.

Artigo 25. Réxime sancionador

Ás persoas beneficiarias das operacións de préstamo combinadas con subvención reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións prevista no título IV da Lei 9/2007.

Artigo 26. Fiscalización e control

As persoas beneficiarias destas subvencións someteranse as actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular, ás verificacións previstas no artigo 74 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, as auditorías do organismo de auditoría do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027 ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, e achegarán canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de 5 anos a partir do 31 de decembro do ano en que se produza a finalización de execución do proxecto.

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá poñer estes feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/paginas/denan.aspx

Artigo 27. Comprobación das operacións de instrumento financeiro de préstamo combinadas con subvención

O Igape poderá comprobar o mantemento do emprego comprometido, do investimento subvencionable, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute do préstamo.

Artigo 28. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento aos deberes de transparencia contidos no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 29. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases, aplicarase o previsto en:

a) Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE L 187, do 26 de xuño).

b) Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e a política de visados (DOUE L 231, do 30 de xuño).

c) Regulamento (UE) 2021/1056 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establece o Fondo de Transición Xusta (DOUE L 231, do 30 de xuño).

d) A normativa comunitaria de desenvolvemento dos citados regulamentos.

e) Mapa de España de axudas rexionais para o período 2022-2027, aprobado pola Comisión Europea o 17 de marzo de 2022.

f) Decreto 133/2002, do 11 de abril (DOG nº 78, do 23 de abril), modificado polos decretos 174/2007, do 6 de setembro (DOG nº 186, do 25 de setembro), e 45/2009, do 12 de febreiro (DOG nº 48, do 10 de marzo), e 155/2019, do 28 de novembro (DOG nº 234, do 10 de decembro), que habilita o Igape para conceder, no ámbito das súas funcións, préstamos ou créditos a favor de empresas.

g) Comunicación da Comisión relativa á revisión do método de fixación dos tipos de referencia e de actualización 2008/C 14/02 (DOCE do 19 de xaneiro).

h) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

i) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións, e o seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

j) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

k) Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

l) Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos).

m) Orde HFP/1414/2023, do 27 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Transición Xusta para o período 2021-2027.

n) No resto da normativa que resulte de aplicación.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Determinación da cualificación do risco de crédito
e grao de colateralización

A) Metodoloxía de cualificiación do risco de crédito.

Cada proxecto para financiar incluirá, no seu informe técnico de estudo, unha cualificación do risco de crédito da empresa e do proxecto, que poderá ser «excelente», «boa», «satisfactoria», «deficiente» ou «mala/dificultades». Para ese efecto, empregarase a metodoloxía de cualificación implantada no Igape para todas as súas liñas de financiamento a empresas. Tamén poderán considerarse, de ser o caso, as cualificacións de risco de crédito realizadas por axencias recoñecidas.

A metodoloxía de cualificación do risco de crédito utilizada no Igape consiste en valorar os factores de risco relacionados na seguinte táboa:

Rango de valores

Limiar mínimo

Experiencia previa e traxectoria empresa/promotores

0-15

0

Antecedentes empresa/promotores no Igape/en Xesgalicia

0-2

1

Calidade da xestión operativa

0-10

0

Capacitación técnica xeral

0-15

5

Risco de produto

0-9

3

Risco de mercado

0-9

3

Capacidade financeira

0-20

5

Risco por complexidade técnica

0-5

1

Viabilidade económica e financeira da actuación

0-15

5

Factores de risco cualitativos (incrementais ou mitigantes)

Cualificación do risco

0-100

50

1. Asignarase unha puntuación a cada criterio de avaliación no rango de valores indicado.

2. A puntuación asignada a cada criterio de avaliación será produto de conxugar determinadas ratios e valoracións obxectivas coas consideracións cualitativas que sexan acordadas no Comité de Riscos (órgano colexiado que analizará as operacións de risco, formado por persoal técnico de diversos organismos sen conflito de intereses) e contribuirán á cualificación total do risco, que, no seu conxunto, estará normalizada entre 0 e 100 puntos. Os aspectos que serán obxecto de valoración en cada criterio serán os seguintes:

Experiencia previa e traxectoria empresa/promotores (0/15)

Puntos positivos

Anos de actividades da empresa.

Anos de actividades dos socios/promotores noutros proxectos diferentes.

Puntos negativos

Constancia de incidentes xudiciais relevantes que poidan implicar continxencias futuras.

Historial de procesos de insolvencia.

Antecedentes empresa/promotores no Igape/en Xesgalicia (0/2)

Puntos positivos

Experiencia positiva de cumprimento co Igape e coas sociedades e fondos xestionados por Xesgalicia.

Inexistencia de riscos vivos co Igape e coas sociedades e fondos xestionados por Xesgalicia.

Inexistencia de débedas vencidas co Igape e coas sociedades e fondos xestionados por Xesgalicia.

Puntos negativos

Historial de incumprimento.

Existencia de débedas impagadas.

Calidade de xestión operativa (0/10)

Puntos positivos

Dispoñer de información contable fiable. Contas anuais auditadas sen incidencias.

Utilizar sistemas de información ERP ou prever a súa implantación no proxecto.

Achegar organigrama con distribución coherente de funcións e responsabilidades.

Retribución media ao persoal adecuada.

Inexistencia de antecedentes de conflitividade laboral.

Xerencia e administradores/consello de administración cualificado, con achega de currículo.

Capacitación técnica xeral (0/15)

Puntos positivos

Instalacións produtivas con capacidade apropiada ou investimentos previstos para adquirila.

Experiencia en implantación de proxectos de contía similar nos últimos 5 anos.

Experiencia no produto/servizo.

Dispoñer de persoal cualificado en persoal.

Dispoñer de sistemas de xestión de calidade.

Dispoñer de certificados ambientais.

Puntos negativos

Apréciase posible obsolescencia tecnolóxica.

Apréciase capacidade excesivamente dimensionada.

Detéctanse posibles problemas de licenza ou deficiencias técnicas nas actuais instalacións.

Risco de produto (0/9)

Puntos positivos

Posición adecuada no ciclo de vida do produto/servizo.

Independencia de provedores (existencia de provedores alternativos).

Grao de novidade do produto/razoablemente existirá boa demanda.

Competitividade en prezo.

Competitividade en calidade.

Facilidade de diversificación do produto e adaptación ao mercado.

Puntos negativos

Identifícanse riscos de cambios regulamentarios en relación co produto.

O produto non está contrastado tecnicamente.

Posibilidade razoable de caída en desuso dos produtos a curto prazo.

Existencia de produtos alternativos altamente competitivos.

Risco de mercado (0/9)

Puntos positivos

Dispoñer de cota de mercado histórica.

Grao de diversificación da carteira de clientes.

Vendas predicibles (existencia de contratos, boa demanda...).

Existencia dun plan de márketing.

Diversificación xeográfica e tamaño de mercado amplo.

Dispoñer de rede comercial adecuada.

Existencia de barreiras de entrada identificadas que fosen superadas.

Puntos negativos

Mercado maduro ou altamente competitivo.

Barreiras de entrada que afecten o proxecto.

Inestabilidade nos prezos.

Dependencia de intermediarios.

Capacidade financeira (0/20)

Puntos positivos

Empresas cun mínimo de 2 anos de estados financeiros con actividade.

Ratio fondos propios/pasivo total.

Ratio endebedamento financeiro/EBITDA.

Rotacións de circulante coherentes/fondo de manobra apropiado.

Tendencia positiva a nivel de vendas e de fluxo de caixa (cash flow).

Gastos financeiros contidos.

Resultado do exercicio/fondos propios.

Magnitude do proxecto en relación coa estrutura previa.

Empresas sen un mínimo de 2 anos de estados financeiros con actividade

Ratio débeda total/ fondos propios.

Financiamento para conceder/fondos propios.

Financiamento para conceder/débeda total.

Puntos negativos

Existencia de saldos relevantes con socios ou administradores, excepto achegas acreditadas para capitalizar.

Ratio fondos propios/pasivo total inferior a limiar.

Existencia de empresas vinculadas que dificulten a análise.

Aprazamentos de débedas con administracións.

Risco por complexidade técnica (0/5)

Puntos positivos

Cualificación técnica suficiente (non se aprecia ausencia de capacidade para levar a cabo o proxecto).

O proceso carece de complexidade técnica.

Experiencia exitosa en proxectos similares.

Puntos negativos

Requírese especial cualificación pendente de adquirir.

Non está suficientemente contrastada a tecnoloxía necesaria.

Non está contrastado suficientemente o proceso industrial.

Viabilidade económica e financeira da actuación (0/15)

Puntos positivos

Grao de razoabilidade das hipóteses que sustentan as previsións.

A memoria inclúe conta de resultados previsional cun grao de detalle suficiente.

A memoria inclúe estado de fluxos de efectivo previsional ou plan de tesouraría claro e con detalle suficiente.

Achéganse balances de situación previsionais.

Fluxo de caixa (cash flow) previsional suficiente para o servizo da débeda.

Achéganse datos suficientes para o cálculo da TIR, e esta polo menos duplica o custo medio do financiamento.

Puntos negativos

As previsións económicas non gardan coherencia cos datos históricos ou son excesivamente optimistas.

Non se valoran as necesidades de circulante e o seu financiamento.

Incoherencia entre os prazos do financiamento e a vida útil dos bens financiados.

Non se analiza adecuadamente o impacto do proxecto.

Para solicitantes persoas físicas (autónomos) ou entidades sen obriga de dispoñer de contabilidade ou formular contas anuais, o criterio de capacidade financeira puntuarase de 0 a 20 puntos, conforme o seguinte cadro:

Rango de valores

Rendas percibidas

Valor patrimonial neto

Magnitude do préstamo

0-8

0-8

0-4

Factores atenuantes do risco

 

Capacidade financeira

0-20

Os aspectos que serán obxecto de avaliación serán os seguintes:

Rendas históricas percibidas (0/8)

Factores para considerar

Estabilidade dos ingresos

Diversificación dos ingresos

Valor patrimonial neto (0/8)

Factores para considerar

Tipo de bens patrimoniais dispoñibles

Prazo de devolución de débedas/rendas

Magnitude do préstamo (0/4)

Factores para considerar

Relación rendas anuais/préstamo solicitado

Relación patrimonio neto/préstamo

3. O incumprimento dalgún dos limiares mínimos indicados comportará unha puntuación total de cero puntos e suporá a denegación da solicitude presentada por exceso de risco.

4. A puntuación total obtida polo proxecto ou actuación deberá acadar polo menos o valor de 50 puntos. Toda puntuación inferior a este mínimo suporá a desestimación da solicitude presentada por exceso de risco.

5. A puntuación do risco así obtida dará lugar a unha clasificación en cinco categorías, conforme a seguinte táboa:

Cualificación do risco

Puntuación

Excelente (AAA-A)

86-100

Boa (BBB)

66-85

Satisfactoria (BB)

50-65

Deficiente (B)

25-49

Mala/dificultades (CC)

0-24

B) Criterios de valoración do grao de colateralización.

Incluirase no correspondente informe técnico un cálculo estimativo da perda en caso de falta de pagamento, que determinará o grao de colateralización, e clasificarase en «alto», «normal» ou «baixo».

O nivel de garantías ofrecidas valorarase con base nunha estimación da porcentaxe de perda en caso de falta de pagamento, conforme a seguinte táboa:

Colateralización

Puntos

Perda en caso de falta de pagamento

Alta

71-100

< 30 %

Normal

41-70

Entre 30 % e 60 %

Baixa

0-40

> 60 %

A perda en caso de falta de pagamento será estimada conforme os seguintes criterios:

1. Garantía persoal societaria: puntuarase a garantía persoal dunha sociedade, tanto na súa condición de titular como pola súa condición de terceiro fiador, aplicando a seguinte fórmula:

Puntos = 5 x (patrimonio neto conforme os seus últimos estados financeiros)/(importe operación garantida).

A puntuación máxima por este tipo de garantías societarias será de 41 puntos.

2. Garantía persoal de persoas físicas: puntuarase a garantía persoal dunha persoa física, tanto na súa condición de titular como pola súa condición de terceiro fiador, aplicando unha puntuación fixa de 10 puntos polo compromiso persoal adquirido, independentemente do seu patrimonio ou ingresos.

Adicionalmente, poderá asignarse unha puntuación superior se se acredita un patrimonio inmobiliario adicional á vivenda habitual, libre de cargas e cunha valoración baseada en taxacións independentes.

A puntuación máxima por este tipo de garantías será de 41 puntos.

3. Garantías consistentes en hipotecas en primeiro rango sobre inmobles: considerarase o valor segundo taxación por sociedade homologada polo Banco de España.

Puntos = 80 x (valor de taxación)/(importe operación garantida).

4. Garantías consistentes en hipotecas ou peza sen desprazamento sobre bens mobles: considerarase o valor de taxación segundo informe pericial independente.

Puntos = 60 x (valor de peritaxe)/(importe operación garantida).

5. Garantías consistentes en avais bancarios, de sociedade de garantía recíproca ou peñoramento de activos financeiros líquidos ou dereitos de crédito: considerarase o seu valor nominal.

Puntos = (límite do aval)/(importe operación garantida) x 100.

Para unha mesma operación poderán tomarse garantías de distinto tipo, e acumularanse as puntuacións que correspondan.

missing image file
missing image file

ANEXO V

Requisitos de comunicación do financiamento público

Responsabilidade da persoa beneficiaria.

Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no artigo 50 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, a persoa beneficiaria durante o período de mantemento do investimento recoñecerá a axuda dos fondos europeos a través do Fondo de Transición Xusta, e para iso:

a) No seu sitio web oficial, cando este sitio web exista, e nas súas contas nas redes sociais fará unha breve descrición da operación, de maneira proporcionada en relación co nivel de axuda, cos seus obxectivos e resultados, e destacará a axuda financeira da Unión Europea.

Para cumprir con este requisito pode utilizarse a seguinte imaxe:

https://igape.gal/images/05-mais-igape/05-04-quensomos-transparencia/carteles/Cartel_web_prstamos.pdf

b) Nos documentos e materiais de comunicación destinados ao público e relacionados coa execución da actuación, proporcionará unha declaración que destaque a axuda da Unión Europea de maneira visible.

O formato que se deberá utilizar é o seguinte:

missing image file

c) Para as actuacións que impliquen investimentos físicos ou nas que se instalen os equipos que se adquiriron e cuxo custo total sexa superior a 100.000 euros, tan pronto como comecen e durante toda a súa execución, exhibirase unha placa ou valo publicitario resistente nun lugar ben visible para o público.

d) Para as actuacións que non se inclúan na letra d) anterior, exhibirase nun lugar ben visible para o público polo menos un cartel de tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información sobre a actuación onde se destaque a axuda dos fondos europeos.

O formato que se deberá utilizar é o seguinte:

https://igape.gal/images/05-mais-igape/05-04-quensomos-transparencia/carteles/Cartel_fsico_prstamos.pdf

Cando varias actuacións teñan lugar na mesma localización só é preciso colocar unha placa ou cartel.

Durante o período de obrigatoriedade de conservación da documentación, a persoa beneficiaria deberá conservar, preferentemente en formato dixital, unha copia de todos os materiais de comunicación e publicidade que elabore no marco da actuación. Este material deberá ser posto ao dispor do organismo intermedio ou das institucións da Unión Europea, se así llo solicitan.

A persoa beneficiaria deberá respectar, en todo momento, as orientacións recollidas no documento de uso do emblema europeo (https://commission.europa.eu/system/files/2021-05/eu-emblem-rules_es.pdf) e as características técnicas descritas no anexo IX do Regulamento (UE) 2021/1060.

ANEXO VI

Relación de municipios en zonas de transición xusta

Defínense como tales aqueles municipios que figuran nos protocolos xerais de actuación para o deseño dos convenios de transición xusta acordados entre o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, as consellerías correspondentes das comunidades autónomas e a Federación Española de Municipios e Provincias, así como nos convenios de transición xusta que se subscriban de acordo co artigo 28 da Lei 7/2021, do 21 de maio, de cambio climático e transición enerxética.

Zona de transición xusta

Municipio (COD_INE)

Nome do municipio

As Pontes

15015

Cabanas

As Pontes

15018

Capela, A

As Pontes

15025

Cerdido

As Pontes

15036

Ferrol

As Pontes

15044

Mañón

As Pontes

15049

Moeche

As Pontes

15050

Monfero

As Pontes

15061

Ortigueira

As Pontes

15070

Pontes de García Rodríguez, As

As Pontes

15076

San Sadurniño

As Pontes

15081

Somozas, As

Meirama

15021

Carral

Meirama

15024

Cerceda

Meirama

15041

Laracha, A

Meirama

15059

Ordes

Meirama

15084

Tordoia

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file