DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 17 de outubro de 2024 Páx. 55022

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 9 de outubro de 2024 pola que se publica a reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 25 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para fomentar a innovación, a mellora tecnolóxica e a competitividade no sector da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento PE205I).

O día 8 de xullo de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 131 a Orde do 25 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para fomentar a innovación, a mellora tecnolóxica e a competitividade no sector da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento PE205I).

O artigo 3.6 da orde distribúe o crédito dispoñible para a concesión das axudas con carácter plurianual, con cargo á seguinte aplicación orzamentaria:

Aplicación orzamentaria

Proxecto

Ano 2024

Ano 2025

Total

46.02.723A.770.3

2023 00189

428.571,00 €

400.000,00 €

828.571,00 €

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, o día 8 de agosto de 2024, comprobouse que o crédito inicial para a anualidade 2025 resulta insuficiente para atender as solicitudes presentadas que cumpran cos requisitos establecidos na Orde do 25 de xuño de 2024, e que o importe solicitado para a anualidade 2024 é inferior ao crédito dispoñible para esta anualidade, polo que procede realizar un reaxuste minorando a anualidade 2024 e incrementando o mesmo importe na anualidade 2025.

Segundo o artigo 26.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, é posible modificar a distribución inicialmente aprobada nunha convocatoria de subvencións, supeditándoa unicamente á tramitación do correspondente reaxuste de anualidades no expediente de gasto e á súa publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior, e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único

Primeiro. Reaxústanse as anualidades previstas na aplicación 46.02.723A.770.3 do proxecto 2023 00189, sen incrementar o orzamento total da convocatoria, minorando a anualidade 2024 en 280.000,00 euros e incrementando o mesmo importe na anualidade 2025. Os créditos quedarían coa seguinte distribución plurianual:

Aplicación orzamentaria

Proxecto

Ano 2024

Ano 2025

Total

46.02.723A.770.3

2023 00189

148.571,00 €

680.000,00 €

828.571,00 €

Segundo. A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2024

Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar