DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2024 Páx. 54874

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría industrial, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 4 de outubro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de abril de 2023 (DOG núm. 78, do 24 de abril) para cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría industrial, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. Publicar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa de protección de datos de carácter persoal).

Atendendo ás razóns de urxencia que concorren nos procesos de estabilización da Lei 20/2021 e xa que a convocatoria do presente proceso selectivo é anterior á dita lei, cómpre adoptar as medidas necesarias para axilizar os trámites que permitan realizar previamente a elección de destino das persoas que superaron este proceso, polo que, conforme o disposto no artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, acórdase aplicar o procedemento da tramitación de urxencia, polo cal se reduce á metade o prazo de vinte (20) días hábiles establecido na base IV.2 da convocatoria; polo tanto, este será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Elevar esta relación á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.

De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2024

José Manuel González González
Presidente do tribunal

ANEXO

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

1º exame

2º exame

3º exame

Concurso

Total

1

***3758**

Graña Suárez, Manuel

19,31

16,47

Exento/a

36,83

72,61

2

***3769**

Fernández Pajares, Lourdes

17,22

17,32

Exento/a

31,68

66,22