DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2024 Páx. 54140

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 26 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica un acto administrativo á persoa interesada.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tras ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servicio de Correos e do portal de notificacións electrónicas Notifica.gal, notifícase á persoa sinalada no anexo a resolución de desconto de haberes.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, nº 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e os seus anexos, e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución antecitada, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c) da mesma lei.

Vigo, 26 de setembro de 2024

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Interesado

Acto que se notifica

Autoridad que o adopta

10853976T

Resolución de desconto de haberes

Directora territorial