DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 4 de outubro de 2024 Páx. 53478

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

Mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 convócase o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, na escala de persoal subalterno, na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, e na escala de persoal de mantemento e para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 244, do 26 de decembro). Esta resolución foi modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros DOG núm. 64, do 31 de marzo, e DOG núm. 87, do 8 de maio).

A base III.2 da Resolución do 22 de decembro de 2022 dispón que os méritos enumerados na súa base III.1 deberán referirse á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, que foi o 26 de decembro de 2022. Estes méritos deberán acreditarse de conformidade co procedemento que se estableza por resolución da persoa titular da consellería competente en materia de función pública, que será publicada no Diario Oficial de Galicia.

No Diario Oficial de Galicia núm. 67, do 5 de abril de 2024, publicouse a Resolución do 26 de marzo de 2024 pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, na escala de persoal subalterno, na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais e na escala de persoal de mantemento e para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia. O prazo para a acreditación dos méritos estableceuse en quince días e rematou o 26 de abril de 2024.

A base III.3 da Resolución do 22 de decembro de 2022 establece que rematado o prazo de acreditación de méritos o tribunal procederá á baremación do concurso coa colaboración técnica que precise do persoal da dirección xeral competente en materia de función pública, así como que despois de finalizada a fase de baremación o tribunal publicará o baremo provisional con indicación das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que foron avaliadas de acordo coas previsións contidas na propia base.

De conformidade co exposto, na sesión que tivo lugar o 3 de outubro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a baremación provisional do concurso de méritos das categorías profesionaís do grupo V que se relaciona no anexo desta resolución, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes que foron baremadas de acordo coas regras contidas na base III.3 da convocatoria.

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

Segundo. De acordo co establecido na base III.3 da convocatoria, as persoas baremadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais perante o tribunal no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As reclamacións presentaranse a través de Fides na epígrafe de «inscrición en procesos selectivos». Para isto, a persoa aspirante accederá ao proceso de estabilización a que se refire esta resolución no cal desexe formular reclamación, na epígrafe «Que podo facer?», «presentación alegacións baremo».

Terceiro. Sen prexuízo do cumprimento do disposto no ordinal sexto da Resolución do 26 de marzo de 2024 (DOG núm. 67, do 5 de abril), as persoas aspirantes baremadas deberán ter en conta que a forma documental de acreditar os méritos neste proceso é a que figura contida no anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023 (DOG núm. 237, do 15 de decembro).

Para os efectos informativos, no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta publícase un modelo de certificación de servizos prestados que se axusta ao contido da alínea c) do anexo III da devandita Resolución do 5 de decembro de 2023.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2024

José Luis Soto Campos
Presidente do tribunal

ANEXO

Categorías profesionais de persoal laboral nas que se publica o baremo provisional

Agrupación profesional

Cat. 10B. Vixilante fixo de defensa contra incendios forestais

Cat. 10C. Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios

Cat. 14. Bombeiro forestal

Cat. 14 A. Bombeiro forestal condutor