DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 3 de outubro de 2024 Páx. 53290

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2024 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de orientación laboral.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de orientación laboral, pola Resolución do 5 de xullo de 2023 (DOG núm. 129, do 7 de xullo), e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de orientación laboral, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de orientación laboral

Tribunal titular:

Presidencia:

– Antía Tuñas Caamaño, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría:

– Luz Aguiar Vale, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– Juan Luis Callón Cameán, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Gabriel Núñez Chao, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Vanessa Cal Ríos, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Javier Fraga Vázquez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría:

– María Yolanda Blanco Varela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– Santiago Parra Contreras, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Ana María Freire Rego, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Santiago Boquete Sanluis, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.