DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 2 de outubro de 2024 Páx. 53202

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 24 de setembro de 2024 polo que se convoca o proceso selectivo do posto de subdirector/a de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural.

Anúnciase a convocatoria do proceso selectivo do posto de subdirector/a de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural para a súa provisión como persoal directivo do grupo III, nivel 2, alta dirección/funcionario (subgrupo A1), regulada no artigo 79 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no Decreto 119/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico.

O prazo de presentación das solicitudes será de dez (10) días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases no Diario Oficial de Galicia (DOG). Terán o carácter de días inhábiles os sábados, os domingos e os festivos locais, autonómicos e nacionais. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

As bases do proceso de selección e os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda, de conformidade coas bases, publicaranse no enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural http://agader.xunta.gal/

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2024

Mª Paz Rodríguez Rivera
Directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural