DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 2 de outubro de 2024 Páx. 53198

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do quinto exercicio.

En sesión que tivo lugar o 23 de setembro de 2024, o tribunal nomeado mediante a Resolución do 4 de decembro de 2023 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, acordou, de conformidade coa base II.2.5, que o quinto exercicio do proceso selectivo se realice o día 15 de outubro de 2024, cos chamamentos que a seguir se recollen.

Consonte o previsto nas bases I.1 e II.3.1 da resolución de convocatoria do proceso selectivo, convócanse para a realización do quinto exercicio o día 15 de outubro, ás 9.00 horas, na sala D do Edificio Administrativo de San Caetano, as seguintes persoas aspirantes:

15 de outubro de 2024

9.00 horas

Álvarez Vázquez, Amalia

***2706**

Basteiro Álvarez, Nuria

***3199**

Díaz Seco, Laura

***8779**

López Fernández, David

***1797**

Seijo Vázquez, Ignacio Tomás

***9248**

Consonte o previsto na base II.2.5 da resolución de convocatoria do proceso selectivo, unha vez realizado, será corrixido mediante a súa lectura en sesión pública ante o tribunal. Para esta lectura en sesión pública convócanse o día 15 de outubro, ás 15.30 horas, na sala D do Edificio Administrativo de San Caetano, as seguintes persoas aspirantes:

15 de outubro de 2024

15.30 horas

Álvarez Vázquez, Amalia

***2706**

Basteiro Álvarez, Nuria

***3199**

Díaz Seco, Laura

***8779**

López Fernández, David

***1797**

Seijo Vázquez, Ignacio Tomás

***9248**

Dada a referencia na base II.2.5 a que «Para o seu desenvolvemento, as persoas aspirantes poderán servirse de textos legais e xurisprudenciais, que serán postos á súa disposición polo tribunal durante o tempo da duración da proba», o tribunal comunica que non se permitirá aos aspirantes compareceren con textos legais e/ou xurisprudenciais propios.

Así, os aspirantes estarán obrigados a realizar o exercicio empregando unicamente os textos legais e/ou xurisprudenciais que o tribunal poña á súa disposición.

As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistos do DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2024

Santiago Valencia Vila
Presidente do tribunal