DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 1 de outubro de 2024 Páx. 53133

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 18 de setembro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, polo que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición ditada no expediente de responsabilidade patrimonial RP-2022-0119-P, devolta polo servizo de Correos.

O 15 de xullo de 2024, o conselleiro de Sanidade ditou resolución relativa ao recurso potestativo de reposición interposto contra a resolución da reclamación de responsabilidade patrimonial que formulou a persoa reclamante que se sinala no anexo deste anuncio.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notificase á persoa que se relaciona no anexo a resolución do recurso potestativo de reposición interposto, por resultar infrutuosa a súa notificación postal.

Como queira que segundo o artigo 46 de dita Lei 39/2015, do 1 de outubro, a publicación da resolución pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, esta cédula limítase á publicación, como anexo, dunha breve indicación do contido do acto e do lugar onde a persoa interesada poderá comparecer en prazo, para coñecemento do texto íntegro de dito acto e constancia de tal coñecemento.

Contra a citada resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo de acordo co que establece a regra segunda do artigo 14.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O prazo será de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), de conformidade co artigo 46 da referida lei xurisdicional.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2024

Natalia Lobato Mosquera
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº de expediente: RP-2022-0119-P.

Reclamante: 36172295B.

Último enderezo coñecido: rúa Sisalde, núm. 2º A, 36959 Moaña (Pontevedra).

Contido da notificación: resolución do recurso potestativo de reposición do conselleiro de Sanidade de data 15.7.2024 contra Resolución do 14.5.2024 da reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por danos sufridos como consecuencia da asistencia sanitaria prestada.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo de San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: 10 días.