DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 24 de setembro de 2024 Páx. 51922

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO de extracto da convocatoria e das bases para a provisión, polo sistema de concurso específico de méritos, do posto de traballo denominado letrado/a asesor/a especialista en consultivo-contratación, adscrito á Asesoría Xurídica.

No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Lugo núm. 195, do 23 de agosto de 2024, publicáronse integramente a convocatoria e as bases para a provisión, polo sistema de concurso específico de méritos, do posto de traballo que a seguir se relaciona:

Letrado/a asesor/a especialista en consultivo-contratación, réxime funcionarial, adscrito á Asesoría Xurídica, e é requisito para participar ser persoal funcionario da Deputación Provincial de Lugo e doutras entidades das administracións públicas, con clasificación de técnico/a superior, grupo A-subgrupo A1, na área ou especialidade xurídica, con titulación de acceso á praza de licenciado/a en Dereito ou equivalente.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no BOP de Lugo.

Lugo, 3 de setembro de 2024

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto do 4.7.2023)
Pablo Rivera Capón
Deputado delegado da Área de Promoción Económica e Social