DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 24 de setembro de 2024 Páx. 51837

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 20 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (Programa UNICO-Bono social), enmarcado no investimento C15.I3 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para 2024 (código de procedemento AP400A).

missing image file

Con data do 28 de xuño de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 20 de xuño de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (Programa UNICO-Bono social), enmarcado no investimento C15.I3 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para 2024 (código de procedemento AP400A).

No artigo 3 da convocatoria disponse que o prazo de presentación de solicitudes durará ata o 30 de setembro de 2024, incluído.

En atención á necesidade de ampliación do prazo de presentación de solicitudes de subvención, motivado pola necesidade de acadar unha maior difusión entre os colectivos aos que vai dirixidos, e de cara a facilitar o cumprimento dos obxectivos desta medida e tendo en conta que non existe ningún impedimento xurídico, considerase axeitado ampliar o prazo inicialmente establecido.

Con base no anterior, e en uso das competencias atribuídas no Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación da Resolución do 20 de xuño de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (programa UNICO-Bono social), enmarcado no investimento C15.I3 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para 2024 (código de procedemento AP400A)

A Resolución do 20 de xuño de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (Programa UNICO-Bono social), enmarcado no investimento C15.I3 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para 2024 (código de procedemento AP400A) queda modificada como segue:

Un. O artigo 3 da convocatoria queda redactado como segue:

«1. O prazo para presentar as solicitudes dos bonos dixitais comezará o día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución e rematará o 31 de outubro de 2024».

Disposición derradeira primeira. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2024

Julián Cerviño Iglesia
Director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia