DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2024 Páx. 51584

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guntín

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de funcionario/a interino/a a media xornada, arquitecto/a deste concello.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 201, do 30 de agosto de 2024, foron publicadas integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover mediante oposición a praza de arquitecto/a, funcionario/a interino/a, a media xornada, cuxas características son:

Grupo

A

Subgrupo

A1

Escala

Administración especial

Subescala

Técnica

Complemento de destino

24

Complemento específico

6.941,16

Denominación

Arquitecto

Núm. de vacantes

1

Duración

Máximo tres anos

Xornada

Media xornada

Sistema de selección

Oposición

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria e as bases no Boletín Oficial da provincia de Lugo.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda e de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web municipal www.guntin.es

Guntín, 30 de agosto de 2024

Ángel Pérez Rodríguez
Alcalde presidente