DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2024 Páx. 51582

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de nomeamento de funcionaria de carreira dunha praza de enxeñeira de camiños, canles e portos.

Mediante a Resolución da Alcaldía 1061/2024, do 13 de agosto, nomeouse a Inés Mera Rico, con DNI ***9996**, funcionaria de carreira do Concello de Fene, dunha praza de enxeñeira de camiños, canles e portos, pertencente ao grupo A, subgrupo A1, escala de Administración especial, subescala técnica superior, incluída na OEP 2022.

O que se fai público para os efectos dos artigos 62 do TREBEP e 60 da LEPG.

A interesada deberá tomar posesión o 9.9.2024.

Fene, 19 de agosto de 2024

Juventino José Trigo Rey
Alcalde