DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2024 Páx. 51444

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2024, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), pola que se lle dá publicidade a diversos acordos.

O tribunal nomeado pola Resolución do 14 de decembro de 2023 para cualificar o proceso selectivo (DOG núm. 240, do 20 de decembro), modificado pola Resolución do 18 de xullo de 2024 (DOG núm. 143, do 24 de xullo), unha vez revisadas as alegacións presentadas contra a Resolución do 27 de marzo de 2024 pola que se deu publicidade, entre outros acordos, ás puntuacións obtidas polas persoas aspirantes no primeiro exercicio da fase de oposición, eliminatorio e obrigatorio, do proceso selectivo, así como á relación das que non acadaron a puntuación mínima de 30 puntos establecida na base III.1.1 da convocatoria (DOG núm. 245, do 27 de decembro de 2022), nas sesións dos días 5 de agosto e 6 de setembro de 2024,

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar as alegacións presentadas na súa totalidade.

Segundo. Publicar a presente resolución no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal e no Diario Oficial de Galicia.

De acordo co disposto na base V.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2024

José Antonio González Failde
Presidente do tribunal