En sesión que tivo lugar o 11 de setembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de abril de 2023 (DOG núm. 78, do 24 de abril) para cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado por Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro),
ACORDOU:
Facer pública, como anexo a esta resolución, a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria.
As persoas aspirantes que formularon alegacións a baremación provisional poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas as súas alegacións.
De acordo co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de emprego público, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2024
Roberto Álvarez Fraguas
Presidente do tribunal
ANEXO
NIF |
Apelidos e nome |
Experiencia profesional II.2.2.1 |
Experiencia profesional II.2.2.2 |
Total experiencia profesional |
Formación II.2.2.3 |
Total puntuación |
***7644** |
Fernández Caloto, Manuela |
29,80 |
0,00 |
29,80 |
1,60 |
31,40 |