DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2024 Páx. 51527

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se acorda a substitución dun membro do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de facultativo/a especialista en cirurxía pediátrica, convocado pola Resolución do 14 de decembro de 2022.

Mediante a Resolución do 5 de decembro de 2023 (DOG núm. 237, do 15 de decembro) nomeáronse os tribunais cualificadores no proceso selectivo, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso na condición de persoal estatutario fixo en diversas categorías, convocado pola Resolución do 14 de decembro de 2022.

De conformidade coa base sétima da Resolución do 14 de decembro de 2022, reguladora dos tribunais cualificadores, e por circunstancias sobrevidas, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Primeiro. Con efectos desde a data da presente resolución ata o 15 de outubro de 2024, a substitución por ausencia debidamente xustificada da presidenta titular do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de facultativo/a especialista en cirurxía pediátrica, convocado pola Resolución do 14 de decembro de 2022 (DOG núm. 3, do 4 de xaneiro de 2023), Belén Aneiros Castro, persoal estatutario licenciado sanitario, da especialidade de cirurxía pediátrica.

Segundo. A referida substitución durante o tempo determinado no punto anterior corresponderalle á persoa que figura como presidenta suplente do dito órgano colexiado na Resolución do 5 de decembro de 2023, Ana Lema Carril, persoal estatutario licenciado sanitario, da especialidade de cirurxía pediátrica.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2024

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos