DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2024 Páx. 51313

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cuntis

ANUNCIO da convocatoria para a estabilización de prazas de emprego temporal incluídas na oferta de emprego público extraordinaria de 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 249, do 30 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases xerais e no número 174, do 6 de setembro de 2024, publicáronse as bases específicas reguladoras da convocatoria do proceso de selección para a cobertura das prazas de emprego temporal, por quenda libre, do Concello de Cuntis incluídas na oferta de emprego público extraordinaria de 2022, de acordo coa Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 105, do 2 de xuño de 2022. No número 171, do 3 de setembro de 2024, publicouse unha corrección de erros, que a continuación se relaciona:

Denominación

Grupo

Nº de prazas

Sistema selectivo

Relación

Axente TIC (Aula Cemit) (*)

C1

1

Concurso

Funcionarial

Operario/a de tractor rozadora

E

1

Concurso

Funcionarial

Técnico/a axudante en intervención

II

1

Concurso

Laboral

Axente de desenvolvemento local (AEDL)

I

1

Concurso

Laboral

Operador/a de maquinaria

IV

1

Concurso

Laboral

Condutor/a de camión

IV

1

Concurso

Laboral

Mestre/a de educación de adultos (*)

I

1

Concurso

Laboral

Mestre/a de educación de adultos (*)

II

1

Concurso

Laboral

Técnico/a en recursos humanos

II

1

Concurso

Laboral

Auxiliar administrativo/a

IV

1

Concurso

Laboral

Enxeñeiro/a técnico/a agrónomo/a

II

1

Concurso

Laboral

Operario/a de servizos múltiples

V

1

Concurso

Laboral

Operario/a de protección civil

IV

1

Concurso

Laboral

Administrativo/a

III

1

Concurso

Laboral

Técnico/a en drogodependencias (*)

I

1

Concurso

Laboral

Técnico/a en orientación laboral

II

1

Concurso

Laboral

Operario/a de maquinaria pesada

IV

1

Concurso-oposición

Laboral

Operario/a de protección civil

IV

1

Concurso-oposición

Laboral

(*) Xornada parcial

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas bases da convocatoria.

Cuntis, 11 de setembro de 2024

Manuel Campos Velay
Alcalde