DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2024 Páx. 51245

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2024, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se fai público o nome da aspirante que superou o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 10 de setembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de abril de 2023 (DOG núm. 78, do 24 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Publicar o nome da aspirante que superou o proceso selectivo, con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa de protección de datos de carácter persoal).

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, a persoa aspirante disporá dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

Segundo. Elevarlle esta relación á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que a persoa que figura nela sexa proposta para o seu nomeamento como funcionaria de carreira.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2024

Cristina Rubal González
Presidenta do tribunal

ANEXO

DNI

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

Concurso

Puntuación final

***3123**

Bascuas Ferreiro, Noelia

15,42

19,25

Exenta

29,226

63,896