DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2024 Páx. 51263

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

ANUNCIO do 10 de setembro de 2024 polo que se convoca para vinculación temporal a cobertura dunha praza da categoría de médico xeral do Centro de Transfusión de Galicia (CTG).

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, de conformidade co establecido no artigo 67 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e do número 1.2 do pacto de selección de persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade (DOG núm. 89, do 9 de maio de 2011), en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 144/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade (DOG núm. 101, do 27 de maio), e do Decreto 145/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 101, do 27 de maio), e o Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os estatutos (DOG núm. 197, do 15 de outubro),

RESOLVE:

Primeiro. Proceder ao anuncio da convocatoria para cubrir, mediante vinculación temporal, unha praza de médico xeral do Centro de Transfusión de Galicia (CTG), na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, que se relaciona na base primeira da resolución da convocatoria.

Segundo. As solicitudes para participar na presente convocatoria xunto coa documentación á cal se refiren as súas bases se presentarán, dirixidas á Dirección da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, no Rexistro da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, sita na rúa Xoaquín Díaz de Rábago, núm. 2-6, 15705 Santiago de Compostela, e demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, e na intranet da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, así como no portal web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es)

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2024

María Luisa López García
Directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos