O tribunal nomeado pola Resolución do 10 novembro de 2023 (modificada pola Resolución do 28 de novembro) para cualificar este proceso selectivo, na súa reunión do 24 de xullo acordou, de conformidade coa base III.3, facer pública na páxina web da Funga, https://www.funga.org a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición.
Contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada ante a persoa titular da dirección xerencia da Funga, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2024
Sonia Piñeiro Saá
Presidenta do tribunal