DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 17 de setembro de 2024 Páx. 51027

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2024 pola que se modifica o anexo da Resolución do 27 de agosto de 2024 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía (Diario Oficial de Galicia número 170, do 4 de setembro).

No Diario Oficial de Galicia número 114, do 13 de xuño de 2024, publicouse a Orde do 31 de maio de 2024 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461D).

A base 4.5 da citada Orde do 31 de maio de 2024 (DOG núm. 114, do 13 de xuño) pola que se convoca o proceso de mobilidade nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía, indica que: «O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar nos procesos. Cando da documentación que deben presentar tras superaren a oposición se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas interesadas decaerán en todos os dereitos que puideren derivar da súa participación».

A base 2 da mesma orde di: «Os requisitos enumerados neste artigo, tanto para o acceso por oposición libre como para a provisión por mobilidade, deberán acreditarse na data de presentación da solicitude, dentro do prazo fixado nesta convocatoria, e deberanse manter ata que remate o proceso».

Dado que posteriormente á publicación da Resolución do 27 de agosto de 2024 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía (DOG núm. 170, do 4 de setembro) se detectou que unha persoa non cumpría os requisitos de participación,

RESOLVO:

Modificar o anexo da Resolución do 27 de agosto citada.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o director xeral da Agasp, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados do mesmo xeito, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 11 de setembro de 2024

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe definitiva de persoas excluídas. Proceso de provisión
por mobilidade nos corpos de policía local de Galicia, escala básica,
categoría de policía, convocado pola Orde do 31 de maio de 2024

NIF cifrado

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Causa da exclusión

1

***3234**

Blanco

Gómez

Cesidio

2

2

***9802**

Castro

Pérez

Víctor Hugo

1, 2 e 3

3

***4767**

Conde

Castro

Adrián

2

4

***0417**

Loureiro

Romero

David

2

5

***9528**

Misa

Valverde

Alejandro

2 e 3

6

***4194**

Oreiro

Vílchez

Francisco Jesús

2 e 3

7

***2843**

Serrano

González

Diego

2

8

***8729**

Vila

Vázquez

Christian

2

Causas de exclusión

1

Modelo de instancia ou solicitude non válido ou incompleto

2

Non acreditar ou non cumprir o establecido no punto 3.4.1.2.h) da convocatoria, certificado

3

Non acreditar ou non cumprir o establecido no punto 3.4.1.2.f), relación de méritos