DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 17 de setembro de 2024 Páx. 51116

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega para o Apoio ao Exercicio da Capacidade Xurídica

ANUNCIO do 9 de setembro de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no grupo I, grupo II, grupo III categoría 62 e grupo IV, de persoal laboral fixo, polo que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso do dito proceso.

O tribunal nomeado pola Resolución do 10 novembro de 2023 (modificada pola Resolución do 28 de novembro) para cualificar este proceso selectivo, na súa reunión do 23 de xullo acordou, de conformidade coa base III.3, logo de revisar as reclamacións presentadas contra o baremo provisional e feitas as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada, facer pública na páxina web da Funga, https://www.funga.org a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes.

Contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada ante a persoa titular da dirección xerencia da Funga, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2024

Sonia Piñeiro Saá
Presidenta do tribunal