DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 17 de setembro de 2024 Páx. 51119

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS)

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos para a contratación de dez prazas de persoal de investigación.

A Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS) anuncia a convocatoria de varios procesos selectivos para a contratación de dez prazas de persoal de investigación.

As bases reguladoras dos procesos selectivos para a contratación do persoal estarán dispoñibles na páxina web da fundación: https://www.idisantiago.es/empleo/

O prazo de recepción de solicitudes finalizará aos 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2024

Isabel Lista García
Directora da Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de
Santiago de Compostela (FIDIS)