DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 12 de setembro de 2024 Páx. 50403

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se modifica o anexo II do segundo programa temporal para a transición xeracional do persoal facultativo das institucións hospitalarias.

Mediante a Resolución do 27 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 105, do 31 de maio), publicouse o segundo programa temporal para a transición xeracional do persoal facultativo das institucións hospitalarias do Servizo Galego de Saúde, dirixido ao novo persoal especialista, e establecéronse os prazos para a presentación de solicitudes.

A dita resolución, no seu anexo II, establece os nomeamentos temporais de tres anos por áreas sanitarias e especialidade.

Advertidas diversas incidencias por parte das xerencias das áreas sanitarias de Ferrol, Santiago de Compostela e Barbanza, e Vigo, nas cales solicitan a modificación da relación de nomeamentos temporais de tres (3) anos de duración, do anexo II, esta dirección xeral

RESOLVE:

Único. Modificar o anexo II nas seguintes especialidades, que finalizan o período formativo no mes de setembro de 2024; o resto do anexo II queda en idénticas condicións.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2024

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO II

Modificacións

Área Sanitaria

Especialidade

Distrito

Total

Ferrol

Psiquiatría

2

Medicina Intensiva

1

Santiago de Compostela e Barbanza

Radiodiagnóstico

1

Oftalmoloxía

1

Vigo

Medicina Interna

1