DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 9 de setembro de 2024 Páx. 49916

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Burela

ANUNCIO do extracto das convocatorias, bases xerais e bases específicas que regulan os procesos selectivos mediante a modalidade de concurso-oposición para o ingreso nas prazas de persoal laboral fixo e funcionario de carreira incluídas na oferta de emprego público do ano 2022, en virtude da taxa adicional de estabilización da convocatoria prevista no artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) número 299, do 31 decembro de 2022, publícanse as convocatorias, bases xerais e bases específicas, que regulan os procesos selectivos mediante a modalidade de concurso-oposición para o ingreso nas prazas de persoal laboral fixo e funcionario de carreira, no Concello de Burela, incluídas na oferta de emprego público do ano 2022 en virtude da taxa adicional de estabilización da convocatoria prevista no artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, recollendo as seguintes prazas:

Prazas convocadas

Clase

Escala

(Subescala/clase)

Grupo

Observacións

Técnico/a Xestión

1

Funcionario

Administración xeral (Xestión)

A2

Arquitecto/a técnico

1

Funcionario

Administración especial (técnica media/técnicos medios)

A2

Patrón barco museo

1

Laboral

C2

Médico/a UAD

1

Laboral

A1

O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado, e os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de edictos dixital da corporación nos termos establecidos nas bases.

Burela, 22 de agosto de 2024

María del Carmen López Moreno
Alcaldesa