DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 9 de setembro de 2024 Páx. 49924

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para o acceso a dúas prazas de inspector/a principal da Policía Local, pola quenda de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 278, do 4 de decembro de 2023, publicáronse as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios/as e persoal laboral do Concello de Lugo en quenda libre, así como a prazas reservadas a promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 184, do 9 de agosto de 2024, publicouse resolución relativa á convocatoria e ás bases específicas que rexerán o seguinte proceso selectivo:

– Dúas prazas de inspector/a principal da policía local; escala: Administración especial; escala executiva; subescala: servizos especiais policía local; grupo de titulación A (subgrupo A2). Sistema selectivo: concurso-oposición. Quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 9 de agosto de 2024

A alcaldesa
P.D. (Decreto da Alcaldía nº 464/2024 do 19.1.2024,
modificado polo Decreto nº 4036/2024, do 30.4.2024)
Miguel Fernández Méndez
Tenente de alcaldesa delegado da Área de Transición Ecolóxica do Concello de Lugo,
por suplencia do tenente de alcaldesa delegado da
Área de Xestión Integral de Recursos Internos