DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 9 de setembro de 2024 Páx. 49927

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO do extracto das convocatorias, bases xerais e bases específicas dos procesos selectivos para o ingreso como persoal funcionario en prazas incluídas na oferta de emprego público do ano 2023, taxa adicional de estabilización de emprego temporal (disposición adicional oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, autorizada polo artigo 217 do Real decreto lei 5/2023, do 28 de xuño).

No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Lugo núm. 172, do 26 de xullo de 2024, publícanse as convocatorias, bases xerais e bases específicas, que regulan os procesos selectivos para o ingreso nas prazas de persoal funcionario de carreira, na Deputación Provincial de Lugo, incluídas na oferta de emprego público do ano 2023, taxa adicional de estabilización de emprego temporal (disposición adicional oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, autorizada polo artigo 217 do Real decreto lei 5/2023, do 28 de xuño), que a seguir se sinalan:

Unha (1) praza de técnico/a de administración xeral, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala da Administración xeral, subescala técnica, grupo A, subgrupo A1, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Dúas (2) prazas de técnico/a de xestión do cadro de persoal funcionario, pertencentes á escala da Administración xeral, subescala xestión, grupo A, subgrupo A2, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre (corrección de erros no BOP núm. 184, do 9 de agosto de 2024).

Tres (3) prazas de administrativo, do cadro de persoal funcionario, pertencentes á escala da Administración xeral, subescala administrativo, grupo C, subgrupo C1, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Unha (1) praza de técnico/a de turismo, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios, grupo A, subgrupo A2, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Unha (1) praza de auxiliar de sala, do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase labores especiais, grupo C, subgrupo C2, mediante o sistema de concurso, cota de reserva a persoas con capacidades diferentes, acceso libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e das bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Lugo, así como no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación Provincial de Lugo.

Lugo, 19 de agosto de 2024

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto do 26.7.2019)
Pablo Rivera Capón
Deputado delegado da Área de Promoción Económica e Social