DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 6 de setembro de 2024 Páx. 49738

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da resolución de recursos presentados ás bases xerais e específicas reguladoras da convocatoria de procesos selectivos para a cobertura de prazas vacantes incluídas nas ofertas de emprego público (OEP) dos anos 2020, 2021 e 2022, primeira fase da convocatoria (expediente 40095/220).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) número 169, do 30 de agosto de 2024, publicouse a resolución dos recursos de reposición interpostos contra o Acordo da Xunta de Goberno Local do 19 de xaneiro de 2021 (BOPPO número 107, do luns 3 de xuño de 2024, e DOG número 112, do martes 11 de xuño de 2024) aprobatorio dos procesos selectivos destinados á execución das ofertas de emprego público do Concello de Vigo correspondentes ao anos 2020, 2021 e 2022 (primeira fase), integrada polas prazas seguintes: sarxenta/o de extinción de incendios (quenda de promoción interna); bombeira/o (quenda libre) e condutor/a-bombeiro/a (quenda libre), e da convocatoria e bases reitoras.

Vigo, 30 de agosto de 2024

O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística, Educación,
Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024 e Acordo
da Xunta de Goberno Local do 28.6.2024)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade,
Contratación, Festas e Xestión Municipal