DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 4 de setembro de 2024 Páx. 49461

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2024 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461D).

No Diario Oficial de Galicia número 114, do 13 de xuño de 2024, publicouse a Orde do 31 de maio de 2024 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461D).

O 28 de xuño de 2024, o Boletín Oficial del Estado publicou o anuncio da dita convocatoria e abriuse o prazo de presentación de solicitudes.

No Diario Oficial de Galicia número 154, do 9 de agosto de 2024, publicouse a Resolución do 2 de agosto de 2024 pola que se declara a tramitación de urxencia no proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461D).

O 14 de agosto de 2024, o DOG publicou a Resolución do 8 de agosto de 2024 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461D). Esta resolución concedía un prazo de dez días hábiles para emendar os motivos de exclusión, pero pola tramitación de urxencia este prazo reduciuse á metade (5 días hábiles). Unha vez rematado este prazo e de acordo co establecido nos puntos 3 e 4 da referida Orde do 31 de maio de 2024, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar con carácter definitivo as listaxes de persoas admitidas e excluídas do proceso de provisión por mobilidade convocado pola Orde do 31 de maio de 2024 (DOG núm. 114, do 13 de xuño).

A listaxe definitiva de persoas admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública (en diante, Agasp) https://agasp.xunta.gal

A listaxe definitiva de persoas excluídas do proceso de provisión por mobilidade, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral da Agasp, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados do mesmo xeito, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 27 de agosto de 2024

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe definitiva de persoas excluídas. Proceso de provisión por mobilidade
nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocado pola Orde do 31 de maio de 2024

NIF cifrado

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Causa de exclusión

1

***3234**

Blanco

Gómez

Cesidio

2

2

***9802**

Castro

Pérez

Víctor Hugo

1, 2 e 3

3

***4767**

Conde

Castro

Adrián

2

4

***9528**

Misa

Valverde

Alejandro

2 e 3

5

***4194**

Oreiro

Vílchez

Francisco Jesús

2 e 3

6

***2843**

Serrano

González

Diego

2

7

***8729**

Vila

Vázquez

Christian

2

Causas de exclusión

1

Modelo de instancia ou solicitude non válido ou incompleto

2

Non acreditar ou non cumprir o establecido no punto 3.4.1.2.h) da convocatoria-certificado

3

Non acreditar ou non cumprir o establecido no punto 3.4.1.2.f) relación de méritos