DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2024 Páx. 49094

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO da segunda convocatoria do proceso selectivo para a provisión dunha (1) praza de técnico de Administración xeral, subescala técnica, incluída na oferta de emprego público de 2021.

No BOP da Coruña núm. 53, do 9.8.2024, foron publicadas integramente e corrixidas no BOP da Coruña núm. 163, do 26.8.2024, as bases que van rexer o proceso selectivo para prover en propiedade a praza vacante coas seguintes características:

Persoal funcionario de carreira:

– 1 (unha) praza da escala de Administración xeral, subescala técnica, (grupo A, subgrupo A1).

Sistema selectivo: oposición en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Sada, 26 de agosto de 2024

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde