DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2024 Páx. 49000

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2024, do tribunal nomeado pola Resolución do 27 de maio de 2024 para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para a cobertura, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, da praza de persoal laboral fixo da Axencia Galega da Calidade Alimentaria identificada no anexo II do Decreto 79/2022, do 25 de maio (Técnico superior -licenciado en económicas- grupo I), convocado mediante o Anuncio do 28 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 247, do 29 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 1 de xullo de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 27 de maio de 2024 para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para a cobertura, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, da praza de persoal laboral fixo da Axencia Galega da Calidade Alimentaria identificada no anexo II do Decreto 79/2022, do 25 de maio (Técnico superior –licenciado en económicas– grupo I), convocado mediante o Anuncio do 28 de decembro de 2022 (DOG número 247, do 29 de decembro), acordou solicitar a ampliación do prazo para a realización do exame tipo test en 15 días hábiles, que foi concedida polo órgano convocante, e determinar que a proba tipo test terá lugar o día 12 de setembro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, na sala 1 da Consellería do Medio Rural, sita na planta baixa do edificio 4 do Complexo Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso á sala en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2024

Ascensión Labella Lozano
Presidenta do tribunal