DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2024 Páx. 48641

IV. Oposicións e concursos

Consello Económico e Social de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2024 pola que se nomea o tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, para o ingreso no grupo 1 (Dirección do Centro de Documentación e Apoio ao Consello).

De conformidade co establecido na base IV.1 da convocatoria que regula o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no grupo 1 do Consello Económico e Social de Galicia (DOG núm. 246, do 28 de decembro de 2022), esta presidencia

RESOLVE:

Primeiro. Nomear os membros do tribunal, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso na praza de persoal laboral do Consello Económico e Social de Galicia, grupo 1 (Dirección do Centro de Documentación e Apoio ao Consello), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, que figura como anexo a esta resolución e que poderase consultar no portal web corporativo www.ces-galicia.org

Segundo. Declarar de aplicación a este proceso selectivo as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e do persoal colaborador, negociadas e aprobadas, á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo www.ces-galicia.org

Terceiro. Esta resolución producirá os seus efectos a partir do mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2024

Manuel Pérez Álvarez
Presidente do Consello Económico e Social de Galicia

ANEXO I

Tribunal cualificador

Presidenta titular

Patricia Roiloa Rodríguez

Persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Subgrupo A1

Secretaria titular

Vanesa Brea Lago

Persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Subgrupo A1

Vogal titular

Sonia Otero Rey

Persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Subgrupo A1

Vogal titular

José Luis Maestro Castiñeiras

Persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Subgrupo A1

Vogal titular

Alfonso García Magariños

Persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Subgrupo A1

Presidente suplente

Dalmiro Núñez Méndez

Persoal funcionario con habilitación de carácter nacional

Subgrupo A1

Secretario suplente

Celso Araújo Castro

Persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Subgrupo A1

Vogal suplente

Guillermo Otero Piñeiro-Maseda

Persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Subgrupo A1

Vogal suplente

Margarita Fernández Sobrino

Persoal funcionario con habilitación de carácter nacional

Subgrupo A1

Vogal suplente

Belén López López

Persoal funcionario con habilitación de carácter nacional

Subgrupo A1