DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 28 de agosto de 2024 Páx. 48588

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Alfoz

ANUNCIO de nomeamento de arquitecto técnico como funcionario de carreira.

Anuncio de nomeamento de arquitecto técnico como funcionario de carreira no Concello de Alfoz e publicación da listaxe de emprego temporal.

Concluído o proceso selectivo para selección e provisión de posto e praza de arquitecto técnico, segundo a convocatoria publicada no BOP de Lugo núm. 48, do 27 de febreiro, polo Decreto da Alcaldía número 542/2024, do 20 de agosto de 2024, procedeuse a:

– Nomear funcionario de carreira a Diego Hermida Varela, con DNI ***3763**, para desempeñar a praza de arquitecto técnico, da escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios, grupo A, subgrupo A2, do cadro de persoal funcionario do Concello de Alfoz, e o posto de traballo PT006, denominado arquitecto/a técnico/a, vinculado á citada praza.

– Formar unha listaxe de emprego temporal para a praza referida, coa seguinte orde de persoas:

Primeiro e único. Patricia Abelleira Sánchez, con DNI ***4688**.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos do artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e do artigo 25.2 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción provisional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, aprobado polo Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Alfoz, 20 de agosto de 2024

Efigenia Maseda Paz
Alcaldesa