DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 28 de agosto de 2024 Páx. 48459

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2024, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación do acordo da Comisión Negociadora do Convenio colectivo da Fundación Monte do Gozo e se aproban as táboas salariais para o ano 2024.

Visto o texto do acordo da Comisión Negociadora do Convenio colectivo da Fundación Monte do Gozo polo que se aproban as táboas salariais para o ano 2024, que se subscribiu o 15 de febreiro de 2024 entre a representación da empresa e a representación legal dos traballadores e traballadoras da Fundación Monte do Gozo, e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade,

Esta Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexcon), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG número 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispor a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2024

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais

Acordo da Comisión Negociadora do Convenio colectivo
da Fundación Monte do Gozo

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2024, ás 10.00 horas, na sede da Fundación Monte do Gozo na dita cidade, rúa Cottolengo, número 2, por unha parte, a representación da empresa exercida por:

• Ofelia Debén Rodríguez.

• Amalia Calvo Ríos.

E, por outra parte, a representación legal dos traballadores (RLT) dos centros da Fundación Monte do Gozo:

• Santiago de Compostela: Laura Rivas Arufe.

• Cernadas: Víctor Figueiras Ventoso.

• Vigo: Vicente Llario Espinosa.

• Ourense: Patricia Pérez Rodríguez.

Realizan unha reunión para concretar os temas tratados na reunión do pasado día 6 de febreiro de 2024.

A RLT do centro de Vigo comunica que os monitores deste centro mostran a súa desconformidade pola modificación da súa xornada diaria, afectada polo cambio de horario dos terapeutas do programa Acougo.

A RLT expón distintas propostas realizadas polos monitores, pero ningunha delas é aceptada pola entidade, xa que alterarían a organización do centro.

As RLT dos centros da Fundación Monte do Gozo e a empresa

Acordan o seguinte:

1. Aceptar a proposta da empresa para o complemento de nocturnidade.

Isto significa que o complemento se lles aboará a aquelas persoas traballadoras que presten servizos en horario das 10 da noite ás 6 da mañá (salvo que xa estean contratadas expresamente para ese traballo nocturno, polo que xa vai incluído no seu salario) e que se lles aboará polas horas efectivamente traballadas nunha porcentaxe do 25 % do salario ou en descanso (á elección do traballador ou traballadora). Para as horas de dispoñibilidade págaselles complemento segundo o anexo do convenio (50 euros fixos mensuais).

2. Aceptar a proposta da empresa que establece, polo complemento de nocturnidade, unha compensación de 30 minutos de traballo para as persoas que realicen un horario das 15.00 ás 23.00 horas, que se fará efectivo das 22.30 ás 23.00 horas.

3. A aceptación do punto anterior implica un axuste no horario dos monitores do centro de Vigo, que se levará a cabo o antes posible polos procedementos legais existentes.

Como consecuencia do acordado, as táboas salariais quedan como segue:

Táboas salariais de 2024

(con efectos desde o 1.1.2024)

Salario base segundo grupo profesional.

Grupo profesional

Salario base bruto anual

en euros

Salario base bruto mensual

× 14 pagas

0

1

24.656,13 €

1.761,15 €

2

22.251,04 €

1.589,36 €

3

19.506,10 €

1.393,30 €

4

17.004,08 €

1.214,58 €

Complemento de profesionalidade.

Grupo profesional

Complemento de experiencia profesional

Importe bruto anual 2024

Importe mensual

× 14 pagas

0

1

2

807,69 €

57,69 €

3

734,82 €

52,49 €

4

661,95 €

47,28 €

Complemento non consolidable por coordinación de centro ou área de traballo.

Grupo profesional

Salario base bruto anual

por coordinación

en euros

Salario base bruto mensual

× 14 pagas

0

1

2.429,14 €

173,51 €

2

2.429,14 €

173,51 €

3

4

Complemento de nocturnidade.

O complemento de nocturnidade aboaráselles a aquelas persoas traballadoras que presten servizos das 22.00 ás 6.00 horas (salvo que xa estean contratadas expresamente para ese traballo nocturno, polo que xa vai incluído no seu salario) e aboaráselles polas horas efectivamente traballadas nunha porcentaxe do 25 % do salario ou en descanso (á elección do traballador ou traballadora). Para as horas de dispoñibilidade págaselles complemento segundo o anexo do convenio (50 euros fixos mensuais).

Complemento de traballo en sábados, domingos e festivos.

Quen realice a súa xornada habitual ou ordinaria de traballo, de acordo co establecido no seu contrato, en sábados, domingos e/ou festivos percibirá un complemento por cada hora traballada equivalente ao 25 % do prezo da hora ordinaria, calculada sobre o salario base e da categoría que efectivamente se desenvolve.

Complemento non consolidable por desprazamento.

Distancia entre centros de traballo

Importe bruto mensual

Distancia de 30 a 50 km

150,00 €

Distancia de 51 km a 90 km

225,00 €

Distancia de 91 ou máis km

300,00 €

Ofelia Debén Rodríguez

Laura Rivas Arufe

Víctor Figueiras Ventoso

Amalia Calvo Ríos

Patricia Pérez Rodríguez

Vicente Llario Espinosa