DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 27 de agosto de 2024 Páx. 48422

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de convocatoria de proceso selectivo.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 162, do 13 de xullo de 2024, publicáronse integramente as bases do proceso selectivo para a cobertura, como persoal laboral fixo, de catro prazas incluídas na oferta de emprego público do ano 2022, operarios de ambiente (grupo IV), por concurso-oposición en quenda libre.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da web municipal: https://sarria.sedelectronica.es

Sarria, 23 de xullo de 2024

Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde