DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 26 de agosto de 2024 Páx. 48238

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da convocatoria de catro prazas de policía polo procedemento de oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 142, do 24 de xullo de 2024, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir, por persoal funcionario de carreira, catro prazas de policía local, pertencentes á escala básica, categoría policía, subgrupo C1, vacantes no cadro de persoal do Concello, polo sistema selectivo de oposición libre. Esta convocatoria específica desenvolve as bases xerais da convocatoria unitaria publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 182, do 23 de setembro de 2022. O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Despois da citada publicación, os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello.

Oleiros, 24 de xullo de 2024

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía núm. 2013003281, do 21 de xuño)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal